Beltrán de la Cueva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Reemplazos con Replacer: «la»
Liña 5:
En [[1456]], o rei [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] hospedouse na casa do seu pai, Diego Fernández de la Cueva, que era rexedor e cabeza da súa liñaxe en Úbeda. Como agradecemento ás atencións recibidas, o monarca ofreceu ao fillo maior de Diego un posto na Corte, pero Diego rogoulle que ocupase o seu lugar Beltrán, por ter o outro que atender o [[morgado]] familiar, e así chegou como paxe Beltrán de la Cueva a corte castelá.
 
Unha vez no seu novo destino, Beltrán de la Cueva ascendeu rapidamente grazas ás súas excelentes relacións co rei. En [[1458]] foi nomeado mordomo de palacio e señor de Xaén, e en [[1461]] entrou no Consello Real, desprazando a [[Juan Pacheco]], [[Marqués de Villena]], como home de confianza ([[valido]]) de Henrique IV. Paralelamente, o seu irmán Gutierre foi nomeado [[bispo]] de [[Palencia]]. En [[1462]] concedéronselle os cargos de Conde de Ledesma e Mestre da [[Orde de Santiago]]. Tamén posuía por entón a cidade de [[Huelma]], concedida en [[1460]] como dote pola súa voda con Mencia de Mendoza y Luna, sobriña do poderoso cardeal [[Andalucía|andaluz]] [[Pedro González de Mendoza (1428-1495)|Pedro González de Mendoza]]. Diego Fernández de la Cueva foi obsequiado co Vizcondado de Huelma, que, á morte deste, pasou a Beltrán de la Cueva, sendo elevado o título a Condado, chamándose primeiro Conde de Huelma.
 
Esta fulgurante carreira desatou as envexas e rancores de numerosos cortesáns e nobres, en especial o Marqués de [[Villena]]. Co fin de desacreditalo politicamente, comezaron a difundirse rumores sobre supostas aventuras de Beltrán de la Cueva coa raíña, [[Xoana de Portugal]], e ata chegou a asegurarse que a princesa [[Xoana a Beltranexa|Xoana]] non era filla do rei (ao que se xulgaba impotente), senón do propio Beltrán. Por esta razón, no futuro comezaríase a alcuñar á herdeira ao trono como ''Xoana a Beltranexa''. As críticas chegaron ao seu nivel máis alto tralo seu nomeamento como Maestre de Santiago, ata o punto de que Henrique IV viuse obrigado por primeira vez a tomar medidas contra De la Cueva co fin de calalas. En [[1463]] foille retirado o cargo de Mestre e ordenóuselle que se afastase da Corte, pese a que foi recompensado coa concesión do título de [[Duque de Alburquerque]] (creado especificamente para el) así como a entrega do castelo de Anguix e o goberno das poboacións de Roa, Aranda, Molina de Aragón, Cuéllar e Atienza.
Liña 22:
* [http://www.ucm.es/BUCM/tesis/ghi/ucm-t%2029153.pdf ''Realidad y representación de la nobleza castellana del siglo XV: el linaje de la Cueva y la casa ducal de Alburquerque'', edición dixital da obra] {{es}}
* [https://web.archive.org/web/20070320120801/http://www.castillosdejirm.com/beltrancueva.htm Recensión en ''Castelos de España''] {{es}}
* [https://web.archive.org/web/20070811035950/http://servicios.eldiariomontanes.es/patrimonio/bics/bic106.htm Torre de Don Beltrán de la Cueva en Santillana dodel Mar (Cantabria)] {{es}}
{{commonscat|Beltrán de la Cueva}}
{{Control de autoridades}}