César Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazón externa movida a control de autoridades
Xas (conversa | contribucións)
m bibliografía
Liña 1:
{{Biografía}}
'''César Ríos Rodríguez''', '''Puritano''', nado en [[Hevia, Siero|Hevia]] ([[Siero]]) o [[6 de setembro]] de [[1915]] e finado en [[París]] o [[9 de outubro]] de [[1997]], foi un mineiro e [[Maquis (guerrilla antifranquista)|guerrilleiro]] antifranquista.
 
== Traxectoria ==
Traballou como mineiro no pozo de Pumarabule e foi membro do Sindicato de Obreros Mineros de Asturias (SOMA-UGT). Con 16 anos era un dos dirixentes das Juventudes Socialistas. Participou na revolución de outubro de 1934 e foi detido. Saíu en liberdade a finais de 1935. Logo triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi vicepresidente do Comité comarcal das JS de Siero. Na guerra civil foi tenente do Batallón 227 de Asturias e profesor da Escola de Suboficiais de Noreña. Ao caer Asturias en outubro de 1937 fuxiu ao monte co seu irmán [[Arcadio Ríos Rodríguez|Arcadio]]. O seu pai estivo preso e ao ser posto en liberdade marchou a Francia, onde foi detido e internado nun campo de concentración alemán, onde faleceu; os seus irmáns Manuel e Silvino foron fusilados en Asturias.
 
Participou no intento de fuga desde a praia de El Puntal (Asturias) en xaneiro de 1939, abortado pola garda civil. En maio de 1940 formou parte da expedición de dezaseis compañeiros que partiron de Asturias con dirección a Portugal, que logo de enfrontarse coa policía portuguesa tiveron que repregarse a Galicia. En abril de 1942 participou na constitución da [[Federación de Guerrillas de León-Galicia]] nos montes de Ferradillo (Ponferrada); formou parte do Estado Maior e mandou a I Agrupación Guerrilleira ate 1946. Colaborou en ''[[El Guerrillero]]'' co pseudónimo "Sembrador". En outubro de 1948 embarcou con 29 guerrilleiros socialistas (entre eles a súa compañeira [[Antonia Rodríguez López]]) no porto de Luanco no barco fretado por Indalecio Prieto desde Saint Jean de Luz. En Francia residiu en [[Narbona]] e Bedarieux (Herault) onde traballou como mineiro. En 1951 trasladouse a París, incorporándose ás Seccións da UGT e PSOE e traballando como axudante sanitario nunha clínica. Coa fin da ditadura franquista visitou España e en 1985 participou na gravación dun programa da serie ''Vivir cada día'' de TVE titulado “Tres octubres”, onde relatou a súa experiencia guerrilleira.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)|nome= Francisco Xavier|apelidos= Redondo Abal|ligazónautor= |ano= 2006|editorial= Do Castro|lugar= Sada|isbn= 84-8485-231-8|páxinas= 1116-117}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://losdelasierra.info/spip.php?article6877 Ficha en Los de la sierra] {{fr}}
 
{{Control de autoridades}}