Artland Dragons: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
m Reemplazos con Replacer: «financiación» |
||
Liña 21:
O baloncesto xogouse por vez primeira en Quakenbrück na escola Artland-Gymnasium. A sección de baloncesto do club deportivo QTSV Quakenbrück creouse en 1955. Na década de 1970, o primeiro equipo masculino obtivo o seu primeiro logro ao ascender á [[2. Basketball Bundesliga|segunda división alemá]], onde permaneceu tres tempadas. Despois de moito tempo sen grandes éxitos, Günter Kollmann, ex xogador de baloncesto alemán e membro da selección nacional junior, apoiou ao equipo QTSV como patrocinador principal. O club comezou unha política de formación de novos xogadores nos [[década de 1980|anos oitenta]], colleitando os froitos na seguinte década. En 1994, o equipo ascendeu á 2. Reginalliga, seguido do ascenso á 1. Reginalliga unha tempada despois e o ascenso á [[2. Basketball Bundesliga]], segunda divisón nacional, unha temporada despois. En 2003 o club consegue o ascenso á máxima categoría, a [[Basketball Bundesliga]], cambiando oficialmente o nome do club a Artland Dragons.
Desde esa temporada 2003−04, os Artland Dragons xogaron na BBL durante moitas temporadas consecutivas, colleitando varios éxitos. Na temporada 2006−07, o equipo logrou acadar o subcampionato despois de finalizar en segunda posición en liga e chegar á final dos polayoffs. A final foi unha derrota por 3−1 contra o primeiro clasificado en liga, o [[Brose Baskets]]. A partir da temporada 2007−08, o equipo xogou en competicións europeas durante oito temporadas consecutivas. En maio de 2015, o club anunciou inesperadamente que disolvería o club de baloncesto profesional. Entre os motivos da disolución estaban os problemas de
=== Temporadas ===
|