Auxías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «sí»
Liña 9:
Heracles acordara con Auxías un pago por este servizo, sen advertirlle que era por orde de Euristeo. Segundo uns, se o facía nun só día daríalle parte do seu reino; segundo outros, daríalle o décimo do seu gando <ref>Pseudo-Apolodoro.</ref>. Unha vez pactado o prezo, diante do fillo, Fileo, Heracles abriu unha canle no chan das cortes <ref>Segundo Graves, coa axuda do seu sobriño [[Iolao]].</ref> e desviou o curso de dous ríos inmediatos, o [[río Alfeo|Alfeo]] e o [[río Peneo|Peneo]], facendo pasar a arroiada polo centro, de xeito que a auga arrastrou sen problemas todo o esterco.
 
Auxías negouse a pagar o acordado porque, dixo, o traballo fixérano todo os deuses do río; ou, segundo Pseudo-Apolodoro, porque se enterou de que llelo mandara Euristeo. Incluso negouse a recoñecer que se comprometera a nada con el. O asunto chegou ante os xuíces, e Heracles chamou como testemuña a [[Fileo]], quen acreditou que si aceptara pagar polo traballo, en contra do que agora dicía o pai. Pero antes de que se ditara sentenza, Auxía expulsou do reino ó fillo e a Heracles.
 
[[Ficheiro:Herakles Augean Stables.jpg|miniatura|300px|esquerda|Heracles, ante Atenea, desviando o curso dos ríos para limpar a corte do rei Auxías (Templo de Zeus en Olimpia)]]