Concellos de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 9:
[[Ficheiro:Galicia poboacion concellos 2010.png|miniatura|300px|Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.]]
==Historia==
En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na [[división territorial de España en 1833]]. Abandonouse a estrutura do [[antigo réxime]] e desapareceron concellos (por exemplo, o de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]] na actual [[A Pobra do Brollón|Pobra do Brollón]]<ref>[http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/ii-festival-cient%C3%ADfico-de-galicia II Festival científico do CSIC na Pobra do Brollón, conmemorando o bicentenario do concello]</ref>), cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.
 
Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: [[Vigo]] absorbeu os municipios de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]] (1904) e [[Concello de Lavadores|Lavadores]] (1941); [[A Coruña]] o [[concello de Oza]] en 1912; [[Ourense]] absorbeu [[Concello de Canedo|Canedo]] en 1943; [[Santiago de Compostela]] anexionou [[Concello de Conxo|Conxo]] (1925) e [[Concello da Enfesta|A Enfesta]] (1962); [[Pontevedra]] sumou [[Alba, Pontevedra|Alba]] (1868), [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]] e [[Mourente, Pontevedra|Mourente]], [[Xeve]] (1944) e [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]] ([[1960]]); [[Ferrol]] incluíu [[Concello de Serantes|Serantes]] en 1940; [[Vilagarcía de Arousa]] sumou [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|O Carril]] e [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]] en 1913; [[Celanova]] anexionou [[Concello de Vilanova dos Infantes|Vilanova dos Infantes]] (1927) e [[Concello de Acevedo do Río|Acevedo do Río]] (1967). En 1927 o [[concello de Moreiras]] integrouse no de [[Xinzo de Limia]].