Literatura europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «diferencia»
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Liña 17:
A idade media literaria en Europa caracterizouse pola convivencia dunha [[Literatura en latín|literatura latina]] común, que recolleu a maior parte da literatura culta, cunha serie de literaturas vernáculas de ámbito máis local, ligadas en orixe á oralidade pero que xa na [[baixa idade media]] se converteron tamén en vehículos de cultura escrita.
 
Na alta idade media a latinidade refuxiárase nas bibliotecas monacais, como é o caso das ''Etimologías'' de Isidoro de Sevilla ou o ''[[Liber Sancti Iacobi]]'', de grande difusión por toda Europa. Coa aparición das [[universidade]]s a comezos do século XIII, concibidas desde o inicio como establecementos educativos baixo a supervisión do papado en [[Inglaterra]] ([[Universidade de Oxford|Oxford]]), [[Reino de Castela|Castela]] ([[Universidade de Salamanca|Salamanca]]), [[Francia]] ([[Universidade de París|París]]) e [[Italia]] ([[Universidade de Boloña|Boloña]]) pero tamén, posteriormente, en [[Polonia]] ([[Universidade Iaguelónica de Cracovia|Cracovia]]) ou [[Suecia]] ([[Universidade de Uppsala|Uppsala]]), o desenvolvemento do pensamento abstracto europeo quedou ligado durante séculos ao latín dos estudiosestudos. Pero tamén hai manifestacións literarias latinas medievais noutros xéneros como a lírica (poesía [[Goliat|goliardesca]]), a historia máis ou menos lendaria (''[[Historia Regum Britanniae]]'' de [[Godofredo de Monmouth]]) ou o teatro para a lectura ([[Hrosvitha de Gandersheim]]).
 
Pero a partir do século XI comezou a xeneralizarse en Europa a literatura en linguas vernáculas, relacionadas inicialmente coa lírica oral popular ([[kharxa]]s mozárabes, ''chansons de toile''...) e, especialmente, coas distintas tradicións épicas xermanas (''[[Beowulf (poema)|Beowulf]]'' saxón, ''[[O Cantar de Roldán]]'' francés, ''[[Hildebrandslied]]'' [[Ostrogodos|ostrogodo]] ou eslavas (''[[Cantar de Igor]]'' ruso). Neste ámbito teñen especial valor as [[Saga (literatura)|sagas]] medievais escandinavas, que chegaron a acadar no seu limitado ámbito de difusión un alto nivel de desenvolvemento literario ([[Snorri Sturluson]]) que, non obstante, quedou truncado trala incorporación deses países á historia xeral da cultura europea.