Airbus A310: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Liña 19:
O '''Airbus A310''' é un avión civil de pasaxeiros bimotor, de medio alcance e fuselaxe ancho de [[Airbus]], o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. Foi lanzado en [[1978]] e desenvolveuse a partir do [[Airbus A300|A300]], sendo máis curto que o seu antecesor. Quizais a súa característica máis importante é o seu alcance, polo que foi usado intensivamente nas rutas transatlánticas.
 
A orixe do A310 atópase dentro dos estudiosestudos de deseño orixinalmente realizados para o anterior programa A300, especificamente o deseño máis pequeno A300B10MC. Durante a fase de probas de voo do programa A300 varias aeroliñas falaron con Airbus dicíndolle que tamén había suficiente mercado para un avión máis pequeno, facendo que a compañía iniciase estudiosestudos para producir un modelo distinto. O deseño establecido para o avión, despois designado A310, era esencialmente un acurtamento da fuselaxe do A300, equipado cunha nova á e unha configuración de tren de aterraxe máis lixeira para adaptarse á escala máis pequena do aparello. Compartía moitos elementos en común co A300, particularmente en termos da cabina de mando e de subsistemas. Estas semellanzas permitiron que os dous modelos fosen fabricados na mesma liña de montaxe.
 
O A310 (xunto co A300) parou de fabricarse oficialmente en xullo de [[2007]], aínda que a súa derradeira entrega foi en xuño de [[1998]]. No mes de agosto de [[2010]] 255 A310 foran entregados, 208 dos cales aínda estaban sendo operados.