Burro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 27:
Os primeiros datos históricos do burro como animal doméstico poden situarse en [[Exipto]], estando xa presente nas pinturas dos templos exipcios. Cabe destacar tamén a súa presenza na [[Biblia]] e como indicador de riqueza no pobo [[hebreo]]. Posteriormente, produciuse unha expansión do burro desde Exipto a [[Persia]] e [[Europa]], por unha banda ([[Grecia|gregos]] e [[roma]]nos utilizábano adoito como besta de carga e tamén como alimento), e ó resto de África, por outra, ata conseguir unha presenza nas zonas cálidas de todo o mundo. A chegada a [[República Popular da China|China]], [[Xapón]] e [[Norteamérica]] sitúase no [[século XIX]].
 
Segundo Jordi Jordana Vidal <ref>{{Cita web| título=''Investigación y Ciencia'', maio 2005| url=http://www.rac.uab.es/bibliografia/articles/AHP/ICE1.pdf| data-acceso=12 de maio de 2007| urlarquivo=https://web.archive.org/web/20091224000451/http://www.rac.uab.es/bibliografia/articles/AHP/ICE1.pdf| dataarquivo=24 de decembro de 2009| urlmorta=yes}}</ref>, do primeiro – ''E. a. africanus''- derivaron as razas andaluza e majorera de Canarias, e do segundo –''E. a. somaliensis''- tódalas razas de capa negra propias do norte de España: a raza Catalá, a das Encartaciones (do [[Euskadi|País Vasco]]), a Mallorquina, a Zamorano-leonesa, así como o noso[[Burro fariñeiro|burro galego fariñeiro]]. Todas estas razas autóctonas españolas están actualmente en perigo de extinción.
 
En África aínda quedan exemplares salvaxes, chamados onagros, pero non en Europa.
Liña 49:
O corpo está cuberto dunha [[pelaxe]] curta e suave, máis abundante na cabeza. Outras razas, coma o burro zamorano, caracterízanse pola maior lonxitude do pelo.
 
As variacións na capa son frecuentes e moi amplas segundo a raza, oscilando entre o gris cinsa, máis ou menos abrancazado (que son os denominados rucios) e o practicamente negro. A [[burro catalán|raza catalá]] é de cor negra escura mentres que a andaluza é de cor torda clara. No noso burro fariñeiro galego adoita ser escura, denominada tecnicamente torda (por mestura de pelos brancos e negros).
 
En tódalas razas obsérvanse degradacións a gris prateado ou branco no ventre, bragada e axilas, así como ó redor do fociño e dos ollos, tipicamente bordeados dun halo branco.