Canon (arte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Formato
Liña 9:
A plasmación literaria desta idea foi explicitada na [[Grecia clásica]] por [[Policleto]], [[Escultura da Grecia antiga|escultor]] do [[Século -V|século V a]]. [[Século -V|C]]., nun libro técnico titulado ''Canon'', no que era importante o concepto de ''symmetría'' como unhas regras da proporcionalidade que debía ter a figura humana nas obras de arte para conseguir que tivesen [[beleza]]. Aínda que o texto non se conservou, diversas fontes indican que foi exemplificado polo artista nunha escultura ([[Johann Joachim Winckelmann|Winckelmann]] interpretou que esa escultura era o ''[[Doríforo]]'').<ref>Alicia Montemayor García, [http://132.248.144.251/ojs/index.php/theoria/article/view/1075/982 "Aspectos y problemas en la concepción de la symmetría en la Grecia antigua. De Policleto a Eufranor."], pp.97,105, en ''Theoría. Revista del Colegio de Filosofía'' 35 (2018): 91-108.</ref>
 
Parece evidente a influencia de Pitágoras en Policleto. Nas súas esculturas, aínda que só chegaron até nós as varias copias romanas, comeza pola primeira falanxe do dedo mainiño e establece como módulo básico a unidade que determina o resto de proporcións. A partir del multiplica pola raíz cuadrada de 2, para obter a distancia das segundas falangesfalanxes e multiplica de novo pola mesma raizraíz para obter as terceiras falanxes, a palma da man, o brazo, etc. até completar a figura coa proporción de 7'5 cabezas.
 
No século seguinte as figuras aparecen máis esveltas, como no ''[[Apoxiomeno|Apoxiómeno]]'' de [[Lisipo]], ou en obras de [[Praxíteles]] (''[[Hermes co neno Dioniso|Hermes de Olimpia]]'', ''Apolo Sauróctono''), que corresponden a unha proporción na que a altura total chega até as 8 cabezas.<ref>Rafael Rodríguez Vidal [http://books.google.es/books?id=9VPQph64g_AC&pg=PA108&lpg=PA108&dq=%22canon+de+praxiteles%22&source=bl&ots=5UFRFpCH0l&sig=vvPRrhOK7c0S0sENqR1bEs6CQjI&hl=es&ei=lPQITejHHYWN4QbQpsHDAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CBcQ6AEwAA#v=onepage&q=%22canon%20de%20praxiteles%22&f=false Cuentos y cuentas de los matemáticos], pg. 108.</ref> Para [[Plinio o Vello]], esta diferenza respondía a un criterio estético esencialmente distinto: os artistas do século V (Mirón, Fidias, Policleto) representarían ao home tal como é; mentres que os do século IV (Praxíteles, Escopas, Lisipo) representárono tal como o ollo os ve, é dicir, superaron o canon racional mediante unha fantasía que permite maior expresividade e refinamiento óptico.<ref>http://arteinternacional.blogspot.com/2009/05/escultura-clasica-griega-lisipo-s-v-iv.html</ref> [[Vitruvio]] deixou asentados estes conceptos, ampliados a outras proporcións entre distintas partes do corpo humano, que foron reelaborados polos artistas do [[Renacemento]], especialmente por [[Albrecht Dürer|Alberto Durero]] e por [[Leonardo da Vinci]] (home de [[Marco Vitruvio|Vitruvio]]).