Avespa do castiñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 139:
== Medidas de control ==
 
As medidas de control inclúen a poda de xermolos infectados e o uso de mallas. Estes métodos non son aplicables a un gran número de plantas, como é o caso de plantacións comerciais. Os [[pesticida]]s adoitan non resultar efectivos debido a que o insecto se atopa protexido dentro dos bugallos. Un método de control que resultou exitoso é a introdución da avespa ''[[Torymus sinensis]]'', da familia dos [[torímidostorímido]]s.<ref>{{Cita web|url=http://www.mapama.gob.es/es/prensa/noticias/el-ministerio-de-agricultura-alimentaci%C3%B3n-y-medio-ambiente-presenta-a-la-red-estatal-del-casta%C3%B1o-una-iniciativa-para-combatir-la-plaga-de-la-avi/tcm7-405973-16|título=El Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente presenta a la Red Estatal del Castaño una iniciativa para combatir la plaga de la avispilla que afecta a los bosques de castaños|data-acceso=20 de xuño de 2017|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170617061836/http://www.mapama.gob.es/es/prensa/noticias/el-ministerio-de-agricultura-alimentaci%C3%B3n-y-medio-ambiente-presenta-a-la-red-estatal-del-casta%C3%B1o-una-iniciativa-para-combatir-la-plaga-de-la-avi/tcm7-405973-16|dataarquivo=17 de xuño de 2017|urlmorta=yes}}</ref> Este parasitoide é usado como un axente de [[control biolóxico]] de [[Praga (agricultura)|pragaspraga]]s contra as avespas formadoras de bugallos no [[Xapón]]. Existe unha investigación en marcha para determinar outras localizacións onde puidese ser apropiado liberar este parasitoide. Varios outros parasitoides foron relacionados coas avespas formadoras de bugallos, incluíndo aos torímidos ''[[Torymus beneficus]]'', ''[[Torymus sinensis|T. sinensis]]'', ''T. geranii'' e ''Megastigmus nipponicus'', os [[ormíridosormírido]]s ''Ormyris punctiger'' e ''O. flavitibialis'', e os [[euritómidoseuritómido]]s ''Eurytoma brunniventris'' e ''E. setigera''.<ref>{{Cita libro |nome= Ernesto|apelidos= [[Ernesto Viéitez|Viéitez Cortizo]]|título= El castaño|dataacceso= 4 de abril de 2018|ano= 1996|editorial= Edilesa|lugar= León|lingua= castelán|isbn= 84-8012-134-3|páxina= 213|capítulo= 4. El árbol herido|cita= }}</ref> Estas especies non resultan axentes de control efectivos debido á súa non moi elevada taxa de parasitismo.
 
=== Asentamento de ''Torymus sinensis'' en Galicia ===
O [[5 de maio]] de [[2021]] na Fraga de Areosa ([[Mesía]]), xestionada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da [[Consellería do Medio Rural]], despregouse un ''exército'' de ''[[Torymus sinensis]]'', o grande inimigo natural da avespa do castiñeiro. Desde que en [[2018]] emnpezaron a soltarse en [[Galicia]] estes insectos, por primeira vez comezaron a recibirse notificacións de particulares que os ven nos montes. «Podemos dicir que o ''T. sinensis'' xa é galego ou, polo menos, empeza a asentarse en Galicia», en palabras de José Martel, xefe do Servizo de Súde a Vitalidade do Monte. Esta noticia aliviou un pouco a ameaza da avespa do castiñeiro, aínda que non é para relaxarse: está en xogo o futuro dun sector que, só comercializando o froito, move na Comunidade, segundo datos de [[Consellería do Medio Rural|Medio Rural]], máis de 50 millóns de euros. Os insectos despregados en Areosa chegaron de [[Italia]], país pioneiro do seu emprego na loita contra esta avespa, e son só unha parte das moitas ''lexións'' (desde abril lévanse soltando en Galicia 1,6 millóns de individuos, e o investimento previsto por Medio Rural par a combater a praga este ano de 2021 é de 2,2 millóns de euros). Actualmente hai máis de 20 persoas soltando espécimes de ''T. sinensis'' nesta época, porque é xusto cando comezan a brotar os castiñeiros. Onde e cando facelo é un labor dos rastrexadores que, axudados por asociacións, cooperativas e membros da "IXP Castaña de Galicia", van comprobando cando comezan a despertaren as árbores do seu letargo invernal. O grande obxectivo é que este loitador quede en Galicia. Nun 42 % do territorio da Comunidade superouse xa a porcentaxe de parasitación de ''Dryocosmus kuriphilus'' nun 5 %. Isto é bo, pero hai que continuar combaténdoo.<ref>{{Cita novas |nome= María|apelidos= Cedrón|título= El insecto que combata la avispilla del castaño comienza a asentarse en Galicia|url= https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2021/05/05/insecto-combate-avispilla-castano-comienza-asentarse-galicia/00031620229698625997214.htm|xornal= [[La Voz de Galicia]]|data= 6 de maio de 2021|dataacceso=6 de maio de 2021}}</ref>
 
== Notas ==