Rotacismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
* /PL/: '''praza''' < ''platea'', '''cumprir''' < ''complere''; '''dobre''' < ''duplu''
 
Nalgunhas zonas do interior de [[Galicia|Galiza]] (triángulo entre [[A Estrada|Tabeirós]], [[A Ulloa]] e a [[Terra de Celanova]]) e esporadicamente por todo o país, o fonema /s/ realízase con rotacismo perante [[consonante sonora]] (''ar vacas'' en vez de ''as vacas'', ''or días'' en vez de ''os días''). Máis minoritario é o rotacismo perante [[Consoante fricativa|fricativa]] [[Consonante xorda|xorda]] (''ar flores'', ''or seis'', ''or zapatos'')<ref>Rodríguez Rodríguez, R., 2016. Aproximación dialectal á fala de Entrimo. ''Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega'', [online] (1), pp. 99-100.</ref>.
 
No [[latín clásico]] deuse na época inicial para o /s/ en posición intervocálica, convertendo ''fuesim'' en ''fuerim''. Exemplos de rotacismo tamén se dan en certos dialectos do [[grego antigo]] e na historia do [[lingua alemá|alemán]].