Ribadavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m actualizo
One2 (conversa | contribucións)
Liña 132:
Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, que traballaban de comerciantes e artesáns. O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.
 
[[Ficheiro:Asedio e toma de Ribadavia polas tropas do duque de Láncaster.jpg|miniatura|Asedio e toma de Ribadavia polas tropas do duque de Láncaster nas ''Chroniques d'Angleterre''.]]
En [[1375]] [[Henrique II de Castela]] nomeou a [[Pedro Ruiz Sarmiento]] señor de Ribadavia e [[Adiantado Maior do Reino de Galicia]] polo seu apoio na guerra dinástica contra o seu medio irmán [[Pedro I de Castela|Pedro I]]. Así perdeu o status de vila reguenga e iniciouse o señorío dos Sarmiento. En [[1386]] foi asediada durante nove meses polas tropas do [[Xoán de Gante|duque de Lancaster]], tralo cal foi invadida. o conflito quedou liquidado tralo [[acordo de Baiona]] ([[1388]]).