Celso Emilio Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Liña 29:
=== En Pontevedra ===
Despois da guerra continuou os estudos de [[Dereito]] que iniciara en Oviedo, que abandonou, e iniciou os de [[Maxisterio]], que si concluíu, malia que non chegou a exercer nunca. No [[1941]] foi destinado como funcionario a [[Pontevedra]], concretamente como secretario da [[Fiscalía Provincial de Taxas]], onde estivo ás ordes de [[Ramón Rivero de Aguilar]] dende 1945. Botou nove anos na cidade do [[Río Lérez, ría de Pontevedra|Lérez]], participando intensamente na vida cultural da mesma e entrando en contacto con escritores coma [[Aquilino Iglesia Alvariño]] e [[Manuel Cuña Novás]]. Foi redactor xefe da revista ''[[Finisterre (Pontevedra)|Finisterre]]'' e publicou algúns poemas en ''[[Ciudad]]''. Tamén coñeceu a [[Emilio Álvarez Negreira]], con quen colaborou na [[Colección Benito Soto|colección de poesía Benito Soto]], fundada no [[1948]] polo propio Álvarez Negreira e máis por [[Sabino Torres]] e que foi a primeira empresa editorial que publicou libros galegos en [[Galiza]] tras a guerra.
 
Desta época é a obra ''Al aire de tu vuelo'', singular libro de noivado con poemas amorosos escritos dende 1938, moi influídos polos poetas da xeración do 27 española.<ref>{{Cita libro|título=Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro|apelidos=Nicolás Rodríguez|nome=Ramón|editorial=Asociación de Escritores en Lingua Galega|páxina=8|url=https://www.aelg.gal/resources/didacticspace/units/didactic22/DW_didactic22_1.pdf}}</ref>
 
O [[15 de xullo]] de [[1943]] casou con María Luisa Moraima Loredo en [[Xixón]], no Ateneo Jovellanos. O primeiro dos catro fillos da parella, Luís, naceu o [[18 de setembro]] de [[1945]]. Nacerían tamén en Pontevedra Xose María e a única filla da parella, Isabel, nada o 21 de novembro de 1949.<ref name=":0">{{Cita libro |título=Celso Emilio, 1912-1979 : unha fotobiografía |url=https://www.worldcat.org/oclc/25992986 |editorial=Xerais |ano=1989 }}</ref>