Kenneth Anger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 41:
Anger é coñecido polos seus filmes experimentais, nos que non buscaba alcanzar o éxito comercial. Especializouse en [[curtametraxe]]s, facendo desde 1937 máis de corenta filmes, gañando fama coma un dos cineastas máis influentes do cinema independente.
 
Moi frecuentemente os seus filmes mesturan elementos do [[surrealismo]] co [[homoerotismo]] e o [[ocultismo]]. Os seus filmes tamén foron descritos como "contidos de erotismo, documental, psicodrama e espectáculo". Anger describiuse a si memsomesmo como sendo "un dos primeiros cineastas homosexuais dos Estados Unidos, e, certamente, o primeiro que traballou coa homosexualidade de forma nada discreta. Algúns dos seus principais filmes homoeróticos, tales como ''[[Fireworks (filme)|Fireworks]]'' (1947) e ''[[Scorpio Rising]]'' (1964), foron producidos a favor da legalización da homosexualidade nos Estados Unidos. Concentrouse tamén nos temas do ocultismo, tornándose obcecado polo famoso ocultista inglés [[Aleister Crowley]]. El mesmo, máis tarde, volveuse tamén seguidor da [[Thelema]], a relixión de Crowley. Esta influencia é bastante evidente en filmes como ''[[Inauguration of the Pleasure Dome]]'' (1954), ''[[Invocation of My Demon Brother]]'' (1969) e, principalmente, ''[[Lucifer Rising (filme)|Lucifer Rising]]'' (1972).
 
Anger dixo que os cineastas franceses [[Irmáns Lumière|Auguste e Louis Lumière]] e [[Georges Méliès]] son as súas influencias, e dixo tamén que foron unha forte influencia nos traballos de cineastas contemporáneos, como [[Martin Scorsese]], [[David Lynch]] e [[John Waters]]. Ademais dixo tamén que causou "un impacto profundo no traballo de moitos cineastas e artistas".