Axuda:Como traducir un artigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "COMOs" pola categoría "Wikipedia:COMOs"; cambios estética
Liña 14:
Podes usar o teu [[editor de texto]] favorito, como [[notepad]], [[kwrite]] ou [[emacs]] e tamén un [[procesador de texto]]s, por exemplo [[Abiword]], para levar a cabo a redacción da tradución: unha vez finalizada, podes copiala, pegala e gravala no artigo ou na subpáxina de usuario que creases, segundo o método de tradución elixido.
 
Se o desexas, podes facer uso de todo tipo de ferramentas de tradución, como a proporcionada por Wikimedia nas preferencias de usuario en "Características en probas", chamada ''Tradución de contido''. Tamén podes atopala polo seu nome en [[Especial:ContentTranslation]]. Outra opción é ir á wiki de orixe do artigo (non tódalas linguas teñen a utilidade en funcionamento para traducir tódalas combinacións de linguas) e ''Traducións'' aparece baixo a epígrafe ''Contribucións'', na parte superior dereita.
 
Pódese tamén facer uso de [[dicionario|dicionarios en liña]], por exemplo [http://www.wordreference.com/ WordReference] ou [http://www.proz.com Proz] ou [http://www.linguee.com Linguee]. É tamén posible facer uso de dicionarios instalados no teu ordenador, por exemplo [[StarDict]] ou [[DICT|dictd]]. Se elixiches traducir textos ou artigos da versión de Wikipedia en inglés, ten en conta que os principais dicionarios equivalentes ó [[Real Academia Galega]] son o [[dicionario Webster]] e o [[dicionario Oxford]].