Sistema Internacional de Unidades: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Agremon (conversa | contribucións)
países excepción
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Metric system adoption map.svg|miniatura|dereita|400px|Destacados en cor vermella os tres únicos países que non teñen o Sistema Internacional de Unidades como o seu único sistema de medida: [[Liberia]], [[Myanmar]] e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]
O '''Sistema Internacional de unidades''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: ''International System of Units'' e en [[lingua francesa|francés]]: ''Le Système international d'unités''), abreviado como '''SI''' ou '''SIU''', é o nome adoptado pola XI Conferencia Xeral de [[Peso]]s e [[Medida]]s (celebrada en [[París]] en [[1960]]) para un [[sistema de unidades de medida]] universal, unificado e coherente, baseado no [[sistema MKS]] ([[metro]]-[[quilogramo]]-[[segundo]]). Na conferencia de 1960 definíronse os [[patrón]]s para seis [[Unidade de medida|unidades]] básicas ou fundamentais e dúas unidades suplementarias ([[radián]] e [[estereorradián]]); en [[1971]] engadiuse unha sétima unidade fundamental, o [[mol]]. As dúas unidades suplementarias suprimíronse como clase independente dentro do Sistema Internacional na XX Conferencia Xeral de Pesos e Medidas ([[1995]]); estas dúas unidades quedaron incorporadas ó SI como unidades derivadas sen [[dimensión]]s. As sete unidades fundamentais enuméranse na táboa 1. Os símbolos da última columna son os mesmos en todos os idiomas.
 
No [[2021]] só tres países non o teñen como único sistema de medidas oficial: [[Liberia]], [[Myanmar]] e [[Estados Unidos de América|EEUU]], tendo no seu lugar os dous primeiros o [[Sistema Imperial de Unidades|Sistema Imperial Inglés]], e o terceiro tendo o SI só como aconsellado.<ref>{{Cita web|título=El día que la NASA estrelló una sonda en Marte porque alguien se olvidó de usar el sistema métrico|url=https://www.xataka.com/espacio/dia-que-nasa-estrello-sonda-marte-porque-alguien-se-olvido-usar-sistema-metrico-1|páxina-web=Xataka|data=2021-01-29|data-acceso=2021-02-02|lingua=es|nome=Cristian|apelidos=Rus}}</ref>
 
== Unidades básicas ==