Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 114:
Esta infinidade de receptores prodúcense por medio dun proceso denominado [[selección clonal]].<ref name=Janeway/><ref name=Alberts/> Segundo a [[teoría da selección clonal]], no momento do nacemento un animal xera aleatoriamente unha enorme diversidade de linfocitos (cada un dos cales leva un receptor antixénico único) a partir da información codificada nunha pequena [[familia de xenes]]. Para xerar cada receptor único, estes xenes sofren un proceso chamado [[recombinación V(D)J]], ou ''diversificación combinatorial'', no cal un segmento xénico se recombina con outros segmentos xénicos para formar un só xene. É este proceso de ensamblaxe o que xera a enorme diversidade de receptores e anticorpos, antes de que o corpo se encontrase cos antíxenos, e permite que o [[sistema inmunitario]] responda a unha case ilimitada diversidade de antíxenos.<ref name=Janeway/> Ao longo da vida dun animal, os linfocitos que poden reaccionar contra os antíxenos cos que un animal se encontre, serán seleccionados activamente, e dirixidos contra calquera cousa que exprese ese antíxeno.
 
É importante subliñar que as partes innatas e adquiridas do sistema inmunitario funcionan conxuntamente. As armas inmunitarias adquiridas polas células B e T non poderían funcionar sen a colaboración do [[inmunidade innata|sistema innato]]. As células T non son útiles se as [[célula presentadora de antíxenos|células presentadoras de antíxenos]] non as activan, e as células B precisan da axuda das células T. Por outra parte, o sistema innato sería probablemente sobrepasadosuperado en moitos casos polos patóxenos sen a acción especializada da resposta inmunitaria adquirida.
 
== Inmunidade adquirida durante o embarazo ==