Telefónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Historia: ligazón
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 26:
As orixes da empresa están na súa fundación en Madrid co nome de CTNE (compañía telefónica nacional de España), participada pola empresa norteamericana de telecomunicacións [[ITT]]. A súa sede fixouse nun novo edificio da Gran Vía madrileña, no número 28. Foi o primeiro rañaceos de España e de toda Europa<ref>{{Cita web |url=http://www.fundacion.telefonica.com/es/granvia/index.html |título=Fundación Telefónica |data-acceso=05 de marzo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130208143147/http://www.fundacion.telefonica.com/es/granvia/index.html |dataarquivo=08 de febreiro de 2013 |urlmorta=yes }}</ref>. O edificio foi empregado como sede das telecomunicacións da República durante o asedio de Madrid e a Guerra Civil. Durante o franquismo Telefónica de España (TESA) foi gañando en tamaño e importancia como monopolio de telecomunicacións chegando a ser unha empresa estatal burocratizada e con estrutura e administración centralizada. Non sería ata os anos 1980 e principios dos anos 1990 cando se fixo necesaria a creación de competencia. A empresa era incapaz de acometer reformas nas infraestruturas de telecomunicacións lastrada por sindicatos e administracións estatais que impedían calquera mellora nos servizos. Había listas de espera para ter teléfono. A empresa abriuse a traballar con empresas subcontratistas e foi quen de poñer data a cando tería teléfono un novo cliente. A chegada de internet e a necesidade de conexións a un prezo axeitado foron outro dos retos da compañía. A tarifa plana non era unha oferta comercial para Telefónica, centrada no pagamento por uso das liñas por minuto e os servizos de voz a empresas. A chegada da telefonía móbil supuxo a creación doutro mercado. Telefónica creou primeiro MoviLine, unha empresa de telefonía móbil analóxica coa que monopolizou o mercado ata que as limitacións da tecnoloxía impediron medrar máis. A chegada da tecnoloxía dixital [[GSM]] permitiu ampliar o negocio mantendo unha posición de monopolio coa marca [[Movistar]] no mercado ata a concesión dunha licenza á [[Airtel]] empresa posteriormente mercada por [[Vodafone]]. A chegada de novos operadores de telecomunicacións por cable supuxo outro reto para Telefónica. A telefonía fixa ata entón estaba monopolizada pola súa extensa rede e á que os demais operadores debían pagar polo alugamento.
 
A imposibilidade de manter o negocio en España no réxime de monopolio fixo que a empresa entrase noutros mercados estranxeiros mercando licenciaslicenzas e operadores.
 
A finais dos anos [[1980]], sobre a [[fibra óptica escura]] de Telefónica desenvólvese a estrutura de [[RedIRIS]], os comezos de internet en España.<ref>{{Cita web|título=RedIRIS, historia de la privatización de la alternativa española a Silicon Valley|url=https://www.elsaltodiario.com/tecnologia/rediris-historia-privatizacion-plataforma-espanola-alternativa-silicon-valley|páxina-web=www.elsaltodiario.com|data-acceso=2020-12-20|lingua=local}}</ref>