Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 3:
 
== Antecedentes ==
Electrión casara con Anaxo, filla de [[Alceo (mitoloxía)|Alceo]] <ref>Alceo, xa que logo, é o avó de Heracles, e de aí o sobrenome de ''Alcides'' que tiña este. Foi en [[Oráculo de Delfos|Delfos]], onde fora consultar o oráculo tras asasinar ós fillos, onde a pitia bautizoulle como Heracles (Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12).</ref>, e enxendrou dez fillos, entre eles Alcmena <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.</ref>. Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao. O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de [[Argos, Grecia|Argos]] e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vingase a morte dos seus irmáns <ref>Tamén se di que Alcmena, aínda que xa fora entregada a Anfitrión, xurara non xacer con el ata que os seus irmáns fosen vingados.</ref>, Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas.
 
==Nacemento de Heracles==
[[Ficheiro:Histoires de Troyes - Child Herakles killing snakes (Cognac).jpeg|miniatura|300px|Miniatura do século XVI]]
Aproveitando que o seu home, Anfitrión, estaba na guerra, Zeus adoptou a figura del e, simulando ser Anfitrión, pois coñecía a virtude dela, xaceu con Alcmena. Para prolongar o momento, Zeus fixo que a noite durase como tres, prohibindo a [[Helios]], o Sol, que saíse nese tempo. Cando realmente chegou Anfitrión, sorprendeuse ó ver que Alcmena non lle daba a debida benvida e preguntoulle a razón, e ela contestou que xa dormira con el a noite anterior e que lle contara os detalles da guerra e ada vitoria. En todo caso, xaceu tamén co home e quedou embarazada dos dous, de xeito que nacerían os dous fillos cunha noite de intervalo.
 
Anfitrión nun principio pensou en castigala por infiel: ía queimala no lume pero Zeus mandou unha intensa chuvia. O adiviño [[TireisasTiresias]] explicoulle que a unión fora feita con Zeus e el aceptouno como un honor.
 
{{cita|"''Pero antes de que Anfitrión regresase a Tebas, Zeus presentouse unha noite e, triplicando a súa duración, tras adoptar a figura de Anfitrión, xaceu con Alcmena e contoulle o ocorrido cos Teléboas''".|(Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8)}}
 
Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito de Anfitrión, dando por suposto que sería o seu hillofillo, Heracles. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto odenandoordenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos e, por tanto, das comadroas) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo]] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e correupersiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto do fillo de Anfitrión, [[IficlesÍficles]]. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en [[donicela]] e condenouna a parir pola boca, por ter unha boca mentireira.
 
{{cita|"''A Íole acolleuna Hilo, por orde de Hércules, no seu leito e no seu corazón, e encheulle o seu ventre de nobre semente, cando Alcmena lle dixo así: Que os deuses che axuden e abrevien o transo cando, a piques de parir, invoques a Ilitía, protectora das asustadas parturientes; esta, por compracer a Iuno'' [Hera] ''tornouse severa contra min. Pois, chegado o día de parir a este Hércules, sufridossufridor de traballos, e gravitando o sol xa sobre o noveno signo do zodíaco, o peso distendíame o ventre e o que levaba era tan grande que se podería dicir que era Xúpiter o autor da oculta carga, e xa non podía eu soportar as dolores por máis tempo''".|(Ovidio: ''Metamorfoses'' IX, 273-323)}}
 
== Infancia de Heracles ==
[[Ficheiro:AlcmenaHércules.jpg|miniatura|''Anfitrión e Alcmena ollan como Heracles esgana as serpes'', mural de Pompeia]]
Cando Heracles tiña oito meses <ref>Segundo [[Píndaro]] (''Nemeas'' I, 35), Heracles acababa de nacer; segundo [[Teócrito]] (XXIV, 1), tiña dez meses; e segundo [[Ferécides]], un ano.</ref>, Hera, que quería a morte do meniño, mandou ó berce dúas enormes serpes e, mentres Alcmena pedía axuda a Anfitrión, Heracles matounas esganándoas coas mans <ref>Tamén empregou Hera este método para intentar librarse dos fillos bastardos de Zeus con Leto: mandou a serpe [[Pitón (mitoloxía)|Pitón]] para que devorase a Apolo meniño, pero este matamatouna coas súas frechas a Pitón.</ref>. Segundo Ferécides, foi o propio Anfitrión quen as puxo, para comprobar cal dos dous era o seu fillo: ó ver que Heracles se enfrontaba con elas mentres IficlesÍficles fuxía, comprendeu que este segundo era o seu fillo e Heracles o fillo do deus <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8.</ref>.
 
A partir de entón, Anfitrión educou a Heracles como fillo propio.
 
== Vellez ==
Trala morte de Anfitrión, Alcmena intentou volver á súa terra, Tirinto, con Heracles (que xa rematara os seus [[Os doce traballos de Heracles|doce traballos]]), Íficles e Iolao, pero [[Euristeo]] non o permitiu. Incluso, despois de morrer Heracles, Alcmena e os seus descendentes foron expulsados de Corinto e de Traquis e houberon de fuxir a Atenas. Euristeo esixiu que sea expulsasenbotasen da cidade e os atenienses negáronse, polo que lles declarou a guerra, pero Euristeo morreu e entregaron a súa cabeza a Alcmena, que lle arrincousacou os ollos.
 
Casou con [[Radamantis]], fillo de Zeus e [[Europa (mitoloxía)|Europa]] <ref>Pseudo-Apolodoro, III, 1, 2.</ref> e sobreviviu a Heracles. Estableceuse en Tebas, cos seus descendentes e cando morreu e foron enterrala, Zeus mandou a [[Hermes]] que transportara o seu corpo á [[Illa dos Benaventurados]] <ref>Grimal di que foi entón cando casou con Radamantis.</ref>, deixando unha pedra no seu sitio. [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] escribiu que os tebanos afirmaban que se converteu en pedra <ref>''Descrición de Grecia'', Libro IX, 16. 7.</ref> pero noutra pasaxe di que a súa tumba está en [[Mégara (cidade)|Mégara]] <ref>Libro I, 41, 1.</ref>.
Liña 36:
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Ovidio|OVIDIO]]: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].