O Salgueiro, Prado de Limia, Muíños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
ligazóns
Liña 15:
'''O Salgueiro''' é unha aldea da parroquia de [[Prado de Limia, Muíños|Prado de Limia]], no concello de [[Muíños]]. Atópase despoboada.
== A aldea da montaña ==
A aldea de Salgueiro é un lugar de alto valor ecolóxico e etnográfico que está na vertente norte da [[Serraserra do Xurés]], no val do [[río Salas]], situada a 1.030 metros de altitude. Foi abandonada polos seus moradores a mediados do [[século XX]] e actualmente é propiedade da [[Xunta de Galicia]].
 
O camiño de Prado a Salgueiro lévanos á cruzar o val do río Salas por antigas pontes, que durante anos resistiron as enchentes do río agora regulado.
 
Salgueiro é unha mostra da estrutura dunha poboación de montaña. Está dentro da zona de protección especial do Parque[[parque Naturalnatural]], sendo unha área de acceso restrinxido, polo que para a súa visita se precisa dunha autorización.
 
=== Mantendo a memoria ===
Os traballos de restauración e recuperación de actividades tradicionais para favorecer a súa transmisión entre as distintas xeracións son parte das actividades fomentadas polo Parqueparque Naturalnatural. Nesta tarefa resultou fundamental a colaboración dos veciños de Prado. Os traballos de recuperación da aldea completáronse co pequeno roteiro etnográfico de Salgueiro.
 
=== A conservación da fauna ===
En Salgueiro tamén existe un recinto que forma parte do programa de reintrodución da [[cabra montesa]], utilizado para a aclimatación das cabras antes da súa liberación nos montes do [[Baixa Limia - Serra do Xurés|Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés]].
 
== Aldea de Salgueiro ==
 
=== Unha aldea na natureza ===
No século XX Salgueiro converteuse nun lugar inhóspito para o home, e quedou abandonado. Con todo, como medio natural é un lugar privilexiado. Baixo as diversas formas de protección, entre elas Parqueparque Naturalnatural e [[reserva da biosfera]] [[Reserva da Biosfera,biosfera Gerês-Xurés|Gerês-Xurés]] desenvólvense aquí varios traballos de recuperación ambiental.
 
Despois do seu abandono e sufrir un gran incendio, Salgueiro e os seus terreos foron adquiridos pola Xunta de Galicia para converterse nun modelo de desenvolvemento sustentable como a primeira aldea ambiental de Galicia.
 
O [[Serra do Xurés|Xurés]] alberga unha fauna moi variada: a cabra montesa, a [[aguia real]] e os [[anfibios]].
 
== A malla ==