Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 12:
}}</ref>
 
O grupo das anxiospermas, con máis de 250.000 [[especie]]s, é unha liñaxe evolutivamente exitosa que conforma a maior parte da [[flora]] terrestre existente. A flor de anxiosperma é o carácter definitorio do grupo e é, probablemente, un factor clave no seu éxito evolutivo. É unha estrutura complexa, cuxo plan organizacional está conservado en case todos os membros do grupo, aínda que presenta unha tremenda diversidade na [[morfoloxía (bioloxía)|morfoloxía]] e [[fisioloxía]] de todas e cada unha das pezas que a compoñen. A base [[xenética]] e [[adaptación biolóxica|adaptativa]] de tal diversidade está a comezar a comprenderse en profundidade,<ref name="Damerval">Damerval, C.; Nadot, S. 2007. [http://aob.oxfordjournals.org/cgi/content/full/100/3/631 Evolution of Perianth and Stamen Characteristics with Respect to Floral Symmetry in Ranunculales]. Ann. Bot. 100: 631-640.</ref> así como tamén a súa orixe, que data do [[cretácicocretáceo inferior]], e a súa posterior [[evolución]] en estreita interrelación cos [[animais]] que se encargan de transportar os [[gameto]]s.
 
Con independencia dos aspectos sinalados, a flor é un obxecto importante para os seres humanos. A través da historia e das diferentes culturas, a flor sempre tivo un lugar nas sociedades humanas, xa sexa pola súa beleza intrínseca ou polo seu simbolismo. De feito, cultivamos especies para que nos provean flores desde fai máis de 5000 [[Ano (astronomía)|anos]] e, actualmente, esa arte transformouse nunha industria en continua expansión: a [[floricultura]].