Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal: Diferenzas entre revisións

obra de José Cornide Saavedra
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "== Introdución == A ''Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal'', é un manuscrito redactado polo ilustrad..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xaneiro de 2021 ás 12:09

Introdución

A Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal, é un manuscrito redactado polo ilustrado coruñés José Cornide Saavedra en 1764. Este manuscrito permaneceu inédito até 1991, en que foi publicado por Ediciós do Castro[1].

Neste manuscrito Cornide describe as principais parroquias da costa galega e da fronteira portuguesa, desde Ribadeo até Manzalvos. Céntrase especialmente en cuestións militares, como a presenza de fortalezas, a capacidade dos portos e o reconto de soldados.

Contido

O manuscrito orixinal do libro consérvase no Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Trátase dun volume encadernado en pergamiño, con 113 folios numerados máis outro inicial.

O libro estrutúrase en dez capítulos que corresponden a outros tantos partidos militares: Ribadeo, Viveiro, Ferrol, A Coruña, Camariñas, Muros, Pontevedra, río Miño, Raia Seca e Monterrei.

  1. Cornide Saavedra, José (1991). Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal: hecha en el año de 1764. Ediciós do Castro. ISBN 9788474925272.