Xavier Villaverde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Estrela Cans. Xavier Villaverde, director. Premio pedigree 2009.png|miniatura|250px|Estrela en [[Festival de Cans|Cans]].]]
 
En súper 8 e en galego filmou ''A Semente'' en 1977. Vencellado ó Equipo Imaxe rodou en 16mm o documental Circos (1979). En 1982 realizou en claves neorrealistas a súa primeira curtametraxe en 35mm, ''Tacón''. Comezou a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios ''Veneno Puro'' de [[1984]]. Con ''Viúva Gómez'' e ''Sexo Macumba'' insistiu no mesmo estilo experimental. A curtametraxe ''Alicia en Galicia'' (1986) recibiu o primeiro premio no 16º [[Festival Internacional de Cinema de Montreal]].
Liña 10:
En [[1989]] realizou a súa primeira longametraxe, ''[[Continental]]''. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade, para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con ''[[Fisterra, onde termina o mundo]]'' ([[1999]]). A súa terceira longametraxe, tralo éxito de crítica e público de ''Fisterra'', foi un filme de suspense e terror psicolóxico, ''[[Trece badaladas]]'', baseada nunha idea do escritor [[Suso de Toro]] e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela.
 
Despois de compartir a produción executiva da opera prima de Rodrigo Cortés, ''[[Concursante]]'' (2007) estreou ''[[O sexo dos anxos]]'' no 2012.
 
== Filmografía ==