A Monteira (periódico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección
Liña 2:
 
{{Outros homónimos|A Monteira}}
'''''A Monteira''''' foi un semanario cultural [[Galicia|galego]] editado en Lugo de [[1889]] a [[1890]] e dirixido por [[Amador Montenegro Saavedra]] ([[1864]]-[[1932]]). O seu obxectivo rexionalista quedaba evidenciado no subtítulo que acompañaba á cabeceira: "''Somanario de intreses rexionales e literatura''".
 
Publicáronse en total só 65 números, entre o [[5 de outubro]] de [[1889]] e o [[27 de decembro]] de [[1890]]. En [[1989]], a [[Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]] publicou un facsímile coa colección completa. A numeración das páxinas era correlativa ó longo do ano, non para cada número publicado. Así, os 52 primeiros números (ano I) numeraron as páxinas desde a 1ª ata a 416. A partir do nº 53 (ano II) reiniciouse a numeración, para rematar na páxina 104 do nº 65, último publicado.
 
Liña 18 ⟶ 19:
* Histórico: ''... moitos anos xa fai qu'un Rey Sábeo... a colleron pra cantar â Virxen''.
* Literario: ''O mesmo que servíu, en fin, n-os nosos días á Rosalía Castro e tantos outros vates''.
* Académico: ''O ilustre prebendado'' [López Ferreiro]'', que non tén a menos esquirbir n-a nosa doce lingoa''.
 
Á parte disto, tampouco se poden esquecer outras iniciativas nesta mesma dirección, como a repetida reclamación da necesidade da creación dunha norma lingüística da que carecía daquela quen quixese escribir en galego. Outro detalle foi o de poñer á venda entre os seus subscritores o ''[[Diccionario gallego|Diccionario gallego-castellano]]'' de [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro Piñol]] (1876) a metade de prezo.
Liña 31 ⟶ 32:
== Desaparición ==
''A Monteira'' deixou de publicarse en [[1890]]. No último número despediuse dos lectores cun editorial titulado ''Paréntesis'', que deixa entrever a intención de continuidade. De feito, rexurdiu en [[1891]] cunha nova cabeceira, ''[[O Labrego]]'', editada tamén en Lugo, pero sen éxito pois desapareceu en [[1893]].
{{Cita|A enfermedá que padecen seres que nonnos son moi quiridos, á pouca salú que disfrutamos algús de nosoutros mesmos y-as ocupaciós crecentes d'outros, causas son de que non poidamos atender, como se debe, â pubricación d'o noso somanario e de qu'a suspendamos indefinidamente y-hastra qu'as forzas nos dían novos alentos pra siguir n-unha empresa que consideramos grande: a defensa de Galicia y-a propaganda d'unhos ideás que creemos salvadores.<ref>''A Monteira'', 65, 97.</ref>}}
 
== Notas ==