Historia do Cairo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Inda cinguíndose á área estrita da cidade, o peso dos séculos sae ao encontro: pouco despois da fundación de Menfis polo primeiro faraón [[Menes]], aparece un lugar de culto solar, [[Heliópolis]] (On), no que hoxe son os barrios máis ao nordeste da actual metrópole. Pero inda máis, de camiño ao lugar de culto dende Menfis, onde o vao do río e máis fácil pola existencia da illa de Roda, parece constar a existencia en torno ao [[-3000|3000 a.C.]], mesmo anterior a Heliópolis, dunha poboación chamada '''Kheraha''' que se asentaría no que hoxe é o Vello Cairo.
 
Kheraha significa "lugar da batalla" e aparece referido nos antigos [[Textos das Pirámides]] coma o mítico campo da loita fundacional entre [[Horus]] e [[Seth]]. O que é seguro é que no ano [[-730|730 a.C.]] o rey nubio Piye, que viña de conquistar Menfis, pasa por Kheraha no seu camiño a Heliópolis para a acción de grazas. Dous séculos despois, os persas que conquistan brevemente Exipto, constrúen unha fortaleza naquel lugar que os romanos, moitos anos despois, no [[116]], reconstruirán máis preto do río, e a poboación que se asentara xunto a ela, maioritariamente refuxiados cristiáns coptos, chámanlle '''Babilonia'''. Este nome podería vir dos primitivos prisioneiros que o faraón [[Sesostris I]] ([[-1950|1950 a.C]]) trouxo da súa campaña na lendaria cidade homónima a beira do [[EufratesÉufrates]], e que poderían terse asentado en Kheraha. Pero tamén é posible a etimoloxía do exipcio antigo per-hapi-n-On ou casa do Nilo de On (illa de Roda); ou polo árabe bab-ila-On, porta de On.
 
== Babilonia do Nilo ==