Cágado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Miguelferig (conversa | contribucións)
o suxeito (o cágado) está en singular: ao cágado crécenLLE as patas, etc.
Liña 35:
}}</ref> Durante o estado de cágado a maioría dos anfibios respiran por [[branquia]]s internas ou externas autónomas. As branquias externas quedan axiña internalizadas polo desenvolvemento do opérculo, ata quedar encerradas nun saco branquial que comunica co exterior só polo espiráculo. Xeralmente non teñen patas anteriores nin posteriores ata que se produce a transición a adulto, e tipicamente teñen grandes colas aplanadas coas cales nadan por ondulacións laterais, similares ás da maioría dos peixes.
[[Ficheiro:Rana temporaria tadpoles eating 3.jpg|esquerda|miniatura|Cágados de ''[[Rana temporaria]]'' en catividade comendo peixe.]]
A medida que o cágado madura, normalmente sofre unha [[metamorfose]] na que gradualmente lleslle crecen as patas (normalmente primeiro as posteriores) e despois (especialmente no caso das ras) absorben a súa cola por [[apoptose]]. Os pulmóns desenvólvense no momento en que se lleslle están formando as patas posteriores. Os cágados cando están ao final do seu desenvolvemento adoitan están preto da superficie da auga, onde xa respiran aire. Durante as etapas finais da súa metamorfose externa, a boca do cágado cambia dunha boca pequena pechada na parte frontal da cabeza a unha grande boca coa mesma largura da cabeza. Os intestinos acúrtanse para acomodarse á súa nova dieta. A maioría dos cágados son herbívoros, e comen algas e plantas. Algunhas especies son omnívoras e comen [[detrito]]s e ás veces cágados máis pequenos, e mesmo algunhas especies son caníbales se as condicións no seu medio son malas.
 
Os cágados varían considerablemente en tamaño, tanto durante o seu desenvolvemento coma entre especies. Por exemplo, nunha soa familia, [[Megophryidae]], a súa lonxitude na última etapa do cágado varía entre 33&nbsp;mm e 106&nbsp;mm.<ref name=Li/> Os cágados de ''[[Pseudis paradoxa]]'' crecen ata 25&nbsp;cm, que é o maior tamaño entre as ras.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Crump, Martha L. |year=2009 |title=Amphibian diversity and life history |journal=Amphibian Ecology and Conservation. A Handbook of Techniques |pages=3–19 |url=http://fds.oup.com/www.oup.com/pdf/13/9780199541188_chapter1.pdf |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=03 de xaneiro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110715022035/http://fds.oup.com/www.oup.com/pdf/13/9780199541188_chapter1.pdf |dataarquivo=15 de xullo de 2011 |urlmorta=yes }}</ref>