Cantiga de refrán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 13:
 
==Estrutura==
As cantigas de refrán seguen a base estrutural propia da cantiga galego-portuguesa, coa particularidade da presenza de ''refrán'' na cobra. Trátase dun ou varios versos que se repiten ao final de cada unha das estrofas que conforman a cantiga. Normalmente, presentan unha rima diferente das outras empregadas na cobra. O refrán condensa o tema principal da composición. Podía estar composto por unha frase de carácter conclusivo como dun elemento propio da cantiga. A presenza do refrán indícase con letras maiúsculas. A peza de [[Afonso Eanes do Coton|Afons’Eanes do Coton]] é un exemplo de a7’b7’a7’b7’C7’C7’ “Quando se foi meu amigo…”. Este tipo de cantiga adoita estar formada por catro estrofas co seguinte esquema métrico: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb, mais os [[Trobador|trovadorestrobadores]] galego-portugueses empregaban a modalidade de dous versos monorrimos seguidos dun verso de refrán de rima independente: aaB.
 
A ''fiinda'' consta dun número de versos menor que o resto das cobras. Podía rimar tanto con refrán como coa estrofa precedente.