Antigo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mvence (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 12:
Existen unha serie de ríos europeos con nomes claramente [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeos]], pero que non se poden aclarar baseándose en linguas indoeuropeas coñecidas. Os nomes distribúense por toda Europa Central e do Norte, chegando polo sur ata as tres penínsulas [[Mediterráneo|mediterráneas]]: a [[Península Ibérica|ibérica]], a [[Península itálica|itálica]] e a [[Península balcánica|balcánica]]. Na súa zona de distribución apenas existe [[hidronimia]] non indoeuropea. Foron estudados profunda e sistematicamente por [[Hans Krahe]] (os ríos europeos), por [[Javier de Hoz]] (os ríos [[España|españois]]) e por [[Edelmiro Bascuas]] (os ríos galegos).
 
Na [[Península Ibérica]] dáse o caso de que o territorio no que se atopan estes nomes entra claramente en zona historicamente non indoeuropea, é dicir, en [[Aragón]], [[Cataluña]] e parte do [[Comunidade Valenciana|Levante]]. Existirían dúas explicacións para este fenómeno: os [[iberos]] conquistaron estas zonas posteriormente ou ben a indoeuropeización destes territorios foi parcial e finalmente fallidainfrutuosa.
 
Optouse polo nome de ''antigo europeo'' (alemán ''Alteuropäisch'') como denominación neutral. Inicialmente Krahe atribuíu os nomes aos [[ilirios]] (teoría chamada ''panilirismo''), aínda que máis tarde defendeu que a lingua era o protoindoeuropeo propiamente dito. As dúas teorías están hoxe en día descartadas.