Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 79:
Considéranse do substrato indoeuropeo aquelas voces con rexistros similares nas outras linguas indoeuropeas, pero sen ser latinas. A principal contribución á parte do xa mencionado e do latín son dúas introducións de formas moi relacionadas co que hoxendía se considera a familia céltica dentro das linguas indoeuropeas.
 
== Primeira vaga ==
Contra o ano [[-800|800 a. de C.]], un pobo ou varios con forte compoñente indoeuropeo (por orixe ou contaminación) atravesaba Europa dende a zona entre o [[Loira]], [[Apulia]], [[Romanía]] e [[Polonia]]: son os precélticos, paracélticos, protoceltas, sorotápticos ou ''Urnenfelder'' (enterradores de olas en [[grego]] e [[alemán]]). A influencia deste vaga ata Fisterra demóstrase con léxico que conserva trazos indoeuropeos coma a conservación do ''p-'' inicial (''pala, páramo''), tanto por chegada directa como por transmisión de empréstimos. Ademais destes casos, tamén se pode falar de ''cabana'' e ''cabazo'', e con certa probabilidade dos topónimos sufixados con ''-ask-'' e ''-usk-'' (Ledusco na [[Coruña]], Tarascón en [[Ourense]], ou Beasque e Viascón en [[Pontevedra]]), así coma os apelativos étnicos ós ambróns ([[Ambroa, Tordoia]], [[Ambröes]] no [[Porto, Portugal|Porto]], Ambrona en [[Soria]], Hambrón en [[Salamanca]], Ambruno en [[Lombardía]], Ambron na [[Toscana]] ou Ambronay no [[Ain]] francés.