Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 85:
==== Os plans de paz ====
[[Ficheiro:KornilovAlbertThomasKérenskiPrimeroDeMayo1917.png|[[Lavr Kornilov|Kornilov]], o socialista francés [[Albert Thomas]] e [[Kerenskii]] nas celebracións do [[Primeiro de maio]]. Os socialistas Aliados de visita en Rusia opuxéronse aos plans de paz do soviet, que fracasou.|miniatura|dereita]]
A paz era o principal problema do país, a súa ausencia impedía atender outros ou satisfacer as aspiracións da poboación.<ref name="wade287">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 287</ref> Dado o desexo de paz da poboación, pero a súa oposición inicial a unha rendición incondicional ou a unha paz separada cos [[Imperios centrais]], ao comezo do período revolucionario a actitude con maior apoio resultou ser a dos ''defensistas'' revolucionarios, que avogaban por unha paz sen anexións e a defensa de Rusia mentres se alcanzaba.<ref name="wade37"/> Esta actitude, representada principalmente polo menxevique [[Irakli Tsereteli]], foi rápidamenterapidamente adoptada pola maioría do [[Soviet de Petrogrado]] e permitiu aos seus seguidores dominar o órgano.<ref name="wade38">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 38</ref> Unha vez controlado o Soviet, os ''defensistas'' propuxéronse impoñer ao Goberno o seu plan de paz, o que levou á primeira crise de Goberno pola oposición de Miliukov a aceptar os obxectivos dos ''defensistas'' revolucionarios e a súa defensa da continuación dos combates ata a vitoria.<ref name="wade38"/> Miliukov defendía o mantemento dos obxectivos bélicos do antigo réxime [[tsar]]ista.<ref name="mosse105"/> Os ministros de Defensa, primeiro Guchkov e máis tarde [[Aleksandr Kerenskii]], apoiaron a continuación da participación rusa na [[Primeira Guerra Mundial|contenda]].<ref name="mosse105"/>
 
Os dirixentes [[menxevique]]s que controlaban o [[Soviet de Petrogrado|soviet da capital]], propuxeron a firma dunha paz sen anexións nin indemnizacións, para o que levaron a cabo unha actividade paralela<ref name="wade38"/> no Soviet e no Goberno desde o seu ingreso neste en maio.<ref name="basil73"/> O seu plan consistía na reconstitución da [[Internacional socialista]] <ref name="wade39">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 39</ref> e posteriormente na convocatoria dunha conferencia<ref name="wade38"/> socialista en [[Estocolmo]] que debía conducir ao apartamento do poder das burguesías nacionais e a toma do poder dos socialistas, a firma da paz, e o xurdimento dunha nova orde económica e social nas distintas nacións.<ref name="basil73"/> Para isto necesitaban a cooperación dos socialistas dos resto de países belixerantes<ref name="wade40">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 40</ref> e dos seus Gobernos.<ref name="basil73"/> Porén, os socialistas Aliados que acudiron a Rusia trala [[Revolución de Febreiro]], estaban máis interesados en reforzar o esforzo bélico ruso que nas propostas de paz do soviet.<ref name="basil74">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 74</ref> As condicións impostas polos socialistas dos países Aliados negaban na práctica reticente aquiescencia á convocatoria da conferencia socialista<ref name="ferro323">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 323</ref> proposta polos rusos.<ref name="wade60">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 60</ref> O acordo entre o soviet e aqueles resultou imposible,<ref name="wade41">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 41</ref> o que imposibilitou o rexurdimento da Internacional e fixo fracasar o plan de paz.<ref name="basil81"/> Os Gobernos Aliados, pola súa banda, tampouco se mostraron dispostos a cooperar<ref name="wade172">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 172</ref> e prohibiron a viaxe dos seus cidadáns a [[Estocolmo]] (franceses, italianos e estadounidenses a finais de maio e comezos de xuño, máis tarde os británicos<ref name="wade62"/>).<ref name="wade41"/><ref name="basil81">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 81</ref><ref name="wade62">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 62</ref><ref name="ferro333">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 333</ref> Dada a intención do [[Soviet de Petrogrado]] de continuar a defensa do país ata a consecución da paz desexada,<ref name="basil71"/> o fracaso das súas propostas de paz levou a que a belixerancia de Rusia continuase. O Goberno, enfrontado á hostilidade Aliada aos plans de paz, limitouse a calmar á opinión pública rusa e dar sensación de actividade, pero sen avance real algún xa a comezos do verán.<ref name="wade42">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 42</ref> O temor á hexemonía alemá, a sospeita de que Rusia xa non era considerada un aliado útil polos seus aliados da [[Tripla Entente]] e o apego á alianza co [[Reino Unido]] e [[Francia]] fixeron que o Goberno non planificara presentar un ultimato, ameazando con abandonar o conflito no caso de que non se satisfixesen as súas esixencias de paz.<ref name="wade42"/>
Liña 152:
Tralas [[Crise de abril de 1917 en Rusia|protestas contra continuación da guerra en abril]], que só foron disoltas grazas á intercesión do [[Soviet de Petrogrado]],<ref name="rabinowitchxxvii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVII</ref><ref name="rabinowitch43">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 43</ref> Miliukov<ref name="wade38"/><ref name="ferro301">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 301</ref> e Guchkov abandonaron o Goberno e algúns destacados socialistas asumiron carteiras,<ref name="rabinowitch43"/><ref name="wade49">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 49</ref> como o notable menxevique [[Irakli Tsereteli]]<ref name="wade38"/> (Correos e Telégrafos),<ref name="wade49"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86"/> [[Matvéi Skóbelev]]<ref name="ferro301"/><ref name="wade49"/> (tamén menxevique, Traballo<ref name="ferro301"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 86</ref>) ou os socialrevolucionarios [[Viktor Chernov]]<ref name="wade38"/> (Agricultura),<ref name="wade49"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86"/> [[Pável Perevérzev]] (Xustiza), [[Alexei Peshejonov|Alexei Peshejónov]] (Abastecemento<ref name="ferro301"/>) ou o popular<ref name="basil70"/> Kerenskii (Guerra<ref name="wade49"/><ref name="wade86"/> e Mariña).<ref name="rabinowitchxxvii"/> O nomeamento deste debeuse ao desexo de que fose capaz de revitalizar o espírito combativo das tropas grazas á súa popularidade revolucionaria.<ref name="ferro313">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 313</ref> A entrada no executivo de ministros socialistas non foi, porén, inmediata, e supuxo un cambio substancial na anterior postura do [[Soviet de Petrogrado]], no que aínda unha minoría sostivo a anterior postura de permanecer fora do Goberno.<ref name="radkey173">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 173</ref> As discusións entre liberais e socialistas alongáronse durante días e só a intervención final de Kerenskii fixo posible o acordo, que anunciouse ao día seguinte, o {{xulgregdata|18|5|1917}}.<ref name="basil70">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 70</ref><ref name="wade89">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 89</ref> O III Congreso dos socialrevolucionarios aprobou a entrada dos seus membros na coalición (Perevérzev non recibiu aprobación, o que se considera proba de que en realidade non pertencía á formación).<ref name="radkey176">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 176</ref>
 
Os cambios no Goberno non afectaron ao seu carácter:<ref name="rabinowitchxxviii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVIII</ref> os liberais tiñan como obxectivo entorpecer as reformas ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]], reforzar o poder gobernamental e manter o esforzo <ref name="basil71"/> bélico;<ref name="rabinowitch30"/> mentres que os socialistas preocupábanse de satisfacer as ansias populares por reformas inmediatas e tratar de lograr unha paz<ref name="basil71">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 71</ref> sen indemnizacións de guerra nin anexións<ref name="basil73">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 73</ref> o máis rápidamenterapidamente posible.<ref name="rabinowitchxxviii"/> As tensións no Goberno agudizáronse;<ref name="rabinowitchxxviii"/> ás diferenzas políticas entre socialistas e liberais uniuse a incapacidade de manter a coalición entre estes e cumprir á vez as ansias da poboación.<ref name="wade287"/><ref name="wade86"/> Incluso numericamente os ministros socialistas (seis) estaban en minoría<ref name="ferro301"/> respecto aos burgueses (nove<ref name="wade49"/>), ademais de non ser un grupo unido<ref name="ferro301"/> dentro do gabinete.<ref name="radkey176"/> A inclusión dos socialistas moderados neste fíxolles perder popularidade e a súa imaxe quedou asociada aos fracasos do Goberno, o que favoreceu aos bolxeviques, única forza relevante de oposición.<ref name="rabinowitchxxviii"/> O relevo de Miliukov tampouco cambiou a política exterior nin a actitude fronte á guerra do Goberno,<ref name="basil71"/> que quedou en mans de Teréshchenko, quen continuou a liña do seu antecesor, pero con máis discreción.<ref name="radkey180">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 180</ref> O novo gabinete prometeu loitar contra a desorganización da economía, mellorar as condicións de traballo, aumentar os impostos sobre os beneficios excesivos, aumentar o autogoberno e convocar canto antes a Asemblea Constituínte, pero a cuestión da propiedade da terra quedaba posposta ata a reunión da Asemblea.<ref name="basil71"/> O seu principal obxectivo, porén, era o reforzamento do Exército; a finais de maio, Kerenskii comezou os seus esforzos para mellorar a súa moral e favorecer a próxima ofensiva, que todas as forzas políticas apoiaron a excepción da extrema esquerda.<ref name="wade89"/> Para a dereita, o fortalecemento das forzas armadas podería servir incluso para debilitar aos seus rivais de esquerda.<ref name="wade89"/> Para os socialistas moderados, a ofensiva era necesaria para demostrar a forza do país e reforzar así a súa posición a favor da paz ante os demais países enfrontados na guerra.<ref name="wade91">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 91</ref> A pesar deste amplo apoio político, a poboación mantiña un intenso rexeitamento á guerra, que desembocou nas [[Xornadas de Xullo]].
 
O {{xulgregdata|16|6|1917|corto=true}} comezou o [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Primeiro Congreso Nacional dos Soviets]], dominado pola fracción ''defensista'' revolucionaria encabezada por Tsereteli.<ref name="wade68">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 68</ref> a posibilidade, aínda aparentemente viable, de que se lograse a paz a través do plan da dirección do consello dunha conferencia socialista seguida dunha negociación dos contendentes, outorgoulle o apoio maioritario dos delegados, que aprobaron o seu programa.<ref name="wade68"/> Os dirixentes do [[Soviet de Petrogrado|Soviet da capital]] puxeron en marcha dúas medidas para favorecer os seus plans de paz: tratar de obter o apoio da poboación nas nacións belixerantes á súa conferencia de paz mediante o envío dunha delegación socialista aos países Aliados, e apoiar a inminente ofensiva militar que debía servir, na súa opinión, para reforzar a importancia de Rusia ante os Aliados e demostrar que seguía sendo unha gran potencia.<ref name="wade70">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 70</ref> Esta última medida levou á perda do apoio da poboación, que opoñíase á continuación da guerra incluso se se xustificaba como un paso necesario para acadar a paz.<ref name="wade73">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 73</ref> A [[Ofensiva Kerenskii|ofensiva militar]] foi moi impopular e resultou unha catástrofe militar e política.<ref name="wade170">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 170</ref> O optimismo da primavera deu paso a un verán de desilusión pola incapacidade do Goberno de resolver os graves problemas do país, e repleto de crises políticas constantes e empeoramento da situación económica.<ref name="wade170"/>
Liña 192:
[[Ficheiro:Batallón-muerte-rusia--insiderussianrev00dorrrich.png|O batallón da morte formado por mulleres e último defensor do Goberno provisional, xunto á sufraxista británica [[Emmeline Pankhurst]].|miniatura|200px|dereita]]
 
Para o outono, o apoio aos [[bolxevique]]s, que se presentaban como a oposición por antonomasia tanto ao Goberno como á dirección do [[Soviet de Petrogrado]] ''defensista'', crecera notablemente, superando aos seus rivais socialistas [[menxevique]]s e incluso aos [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] en moitas localidades.<ref name="wade206">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 206</ref> A incapacidade do Goberno e do Soviet de Petrogrado para acabar coa guerra, co problema da terra, cos nacionalismos ou coa crise económica que se agudizaba, reforzou a posición bolxevique e a da esquerda radical en xeneral.<ref name="wade206"/> Ante o crecente desprestixio da coalición social-liberal entre obreiros e traballadores, os bolxeviques pareceron cada vez máis a alternativa decidida a resolver rápidamenterapidamente os problemas do país.<ref name="wade206"/> A falta de solucións para os problemas políticos, sociais e económicos levou a un clamor a favor dun cambio radical de Goberno nun ambiente de crise continua e crecente.<ref name="wade216">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 216</ref> A imposibilidade de atallar a crise económica, sen acabar antes coa guerra, fixo que o desexo de paz se convertese en abafador.<ref name="wade216"/> A ameaza alemá a Petrogrado, que acentuouse no outono, levou tamén ao Goberno a anunciar plas para enviar parte da guarnición da capital á fronte para defender a cidade e para evacuar as principais industrias. Ambas medidas favoreceron aos radicais e partidarios de transferir o poder aos soviets, e tachouse ao Goberno de planear unha contrarrevolución.<ref name="wade216"/> A crise económica, caracterizada por un aumento da inflación —os prezos case se cuadriplicaron entre xullo e outubro— e un alarmante desabastecemento na capital, tamén favoreceron o radicalismo político.<ref name="wade217">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 217</ref> A finais de outubro, Petrogrado contaba con alimento unicamente para uns poucos días e o abastecemento era insuficiente. Os máis pobres volveron enfrontarse á fame.<ref name="wade217"/> A inflación acabou coas melloras salariais dos obreiros industriais, a produción caeu, e para final de ano se estimaba que a metade das fábricas da cidade terían que pechar por falta de combustible e materias primas.<ref name="wade218">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 218</ref> O sentimento de crise nacional viuse reforzado ademais polo grande aumento dos delitos e desordes públicos, moi aireados pola prensa; a percepción popular era a dun Goberno desbordado pola situación, e un corpo policial —a milicia— insuficiente.<ref name="wade220">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 220</ref> Os centos de miles de desertores que vagaban polo país no outono favoreceron os desordes e a impresión de crise social e política.<ref name="wade220"/> O afundimento da bolsa tralo errado [[golpe de Kornilov]] empobreceu a parte das clases medias e desatou o caos financeiro. O Goberno tiña cada vez máis dificultades para recadar impostos.<ref name="wade220"/> A axitación no campo e nas cidades creceu, así como as exixencias dos nacionalistas.<ref name="wade221">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 221</ref> Esta situación de crise fomentou os debates sobre a necesidade de que o Goberno actuase, e da posibilidade de que este fose substituído por outro.<ref name="wade221"/>
 
O Goberno foi derrocado con extrema facilidade polos [[bolxevique]]s, que instauraron o seu propio «Goberno provisional», o [[Sovnarkom]], o {{xulgregdata|7|11|1917|corto=true}} na coñecida como [[Revolución de Outubro]].<ref name="gill241">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 241</ref> A pesar de que o plan bolxevique para tomar o poder era coñecido desde varías semanas atrás, o Goberno, moi debilitado,<ref name="uldricks622"/> foi incapaz de impedilo.<ref name="gill241"/> Contaba para entón con escasas simpatías na capital e no campo, e con aínda máis escasos defensores.<ref name="gill241"/> [[Lev Trotski|Trotski]], o principal organizador da toma do poder polos bolxeviques, aproveitou o apoio das masas ao [[Soviet de Petrogrado]] para presentala como o traspaso de poder do Goberno provisional aos [[soviet]]s, non aos bolxeviques.<ref name="uldricks621">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 621</ref> Consciente da importancia de ter o apoio militar, asegurouse de controlar o [[Comité Militar Revolucionario]] da capital ao que, a súa vez, obedecía a guarnición de Petrogrado.<ref name="uldricks621"/> O {{xulgregdata|5|11|1917|corto=true}} a gran maioría das unidades militares da capital expresaron o seu sometemento ao [[Comité Militar Revolucionario]], e os infrutuosos [[Levantamento Kerenskii-Krasnov|intentos de Kerenskii]] por desbaratar o golpe ao día seguinte serviron simplemente para que Trotski presentase o golpe como unha medida defensiva dos soviets, que tivo lugar con escasos enfrontamentos.<ref name="uldricks622">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 622</ref>