Disacárido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios + cda
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
Os '''disacáridos''' son [[carbohidrato|hidratos de carbono]] formados pola combinación de dous [[monosacárido]]s unidos por [[enlace glicosídico|enlace O-glicosídico]]. Interésannos especialmente os presentes nos alimentos:
 
* [[Maltosa]]: formada por dúas moléculas de [[glicosa]]. Non existe como tal na natureza pero obtense na [[fermentación]] da [[malte]] (como tal, na elaboración da [[cervexa]]), por hidrólise do amidón presente nos grans de cereais xerminados.
* [[Sacarosa]]: formada por unha molécula de glicosa máis outra de [[frutosa]]. É o azucre común, presente en tódalas froitas, na [[remolacha]] e na [[cana de azucre]] (de onde se obtén para a elaboración do azucre de mesa).
* [[Lactosa]]: formada por unha molécula de glicosa máis outra de [[galactosa]]. Presente no [[leite]] (é o único disacárido de orixe animal), aínda que nos [[produtos lácteos]] [[fermentación láctica|fermentados]], coma o [[iogur]], transfórmase en boa parte en [[ácido láctico]].
 
Outros disacáridos menos comúns son: [[isomaltosa]], [[celobiosa]], [[turanosa]], [[xentiobiosa]], [[alolactosa]] etc.