Escrita cuneiforme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
tableta só parece no DRAG como un aparello informático. No DRAG non figura taboíña pero no DIGALEGo como exemplo na voz cuneiforme dá "táboas cuneiformes"
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 15:
Creado polos [[Sumeria|sumerios]] para rexistrar a [[lingua sumeria]], a escrita cuneiforme foi posteriormente adoptada polos [[acad]]ios, [[Babilonia|babilonios]], [[Imperio Elamita|elamitas]], [[hititas]] e [[Asiria|asirios]] para escribir as súas propias linguas. Foi amplamente usada en [[Mesopotamia]] durante 3000 anos, pese a que a natureza silábica do alfabeto ao ser refinado polos sumerios resultaba pouco intuitiva aos falantes de linguas [[Lingua semítica|semíticas]]. Este feito, antes de que a civilización Sumeria fose redescoberta, levou a moitos filólogos a sospeitar dunha civilización que precedese a Babilonia.
 
A maioría das adaptacións posteriores da escrita cuneiforme preservaron polo menos certos aspectos do alfabeto sumerio. O [[lingua acadia|acadio]] escrito incluía tanto símbolos fonéticos do silabario sumerio, como [[logograma]]s que eran lidos como palabras completas. Moitos signos no alfabeto eran polivalentes, tendo un significado á vez fonético e logográfico. Cando o alfabeto cuneiforme se adaptou para escribir a [[lingua hitita]], unha nova capa de pronunciacións logográficas acadias foi engadida ao alfabeto, co resultado de xa non se coñecer a pronunciación de moitas palabras hititas convencionalmente escrita con logogramas. A complexidade do sistema ten certa resemblancia co [[xaponés clásico]], escrito nun sistema de escrita derivado do [[lingua chinesa|chinés]]; algúns destes sinogramas foron usados como logogramas, outros como caracteres fonéticos. O xaponés contemporáneo distingue graficamente os logogramas ([[kanji]]) dos caracteres silábicos ([[kana]]) pero aparteá parte diso é un sistema similar.
 
Esta complexidade deu lugar a varias versións simplificadas do sistema de escrita. O [[lingua persa|persa]] antigo escribíase nun subconxunto de caracteres cuneiformes simplificados, que formaban un simple alfabeto semi-silábico, utilizando bastantes menos trazos en forma de cuña que os que empregaba o asirio, xunto cuns cantos logogramas para palabras que aparecían con frecuencia como "deus" ou "rei". A [[lingua ugarítica]] escribíase usando o alfabeto ugarítico, un alfabeto padrón de estilo semítico (un [[abjad]]) que se escribía utilizando o método cuneiforme.