Cesullas, Cabana de Bergantiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engadir notas (via JWB)
m engadir ref (via JWB)
Liña 13:
|entidades = 33
}}
'''Santo Estevo de Cesullas'''<ref name=nomenclátor/> é unha parroquia que se localiza no centro do concello de [[Cabana de Bergantiños]] na [[comarca de Bergantiños]]. Segundo o padrón municipal de [[2018]] tiña 1&nbsp;325 habitantes (687 mulleres e 638 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.566 habitantes.
 
== Xeografía ==
Liña 19:
 
== Patrimonio ==
A '''igrexa parroquial'''<ref name=nomenclátor/> data do [[século XVII]], época da cal se conserva a capela lateral sur, sendo a capela maior, nave, fachada e a espadana do [[século XVIII]]. A nave e a capela maior son rectangulares, e a fachada pentagonal. Enriba da porta principal hai unha imaxe en pedra de Santo Estevo, enmarcado lateralmente por volutas.
 
A '''ermida de San Fins'''<ref name=nomenclátor/> destaca por estar orientada cara ó leste. Ten ábsida e nave rectangulares. No lado sur da ábsida ten un pórtico lateral acaroado para a celebración das misas o día da romaría. Na fachada pentagonal hai unha celosía de pedra, quizais prerrománica. Nesta capela celébrase a [[romaría de San Fins do Castro]].
 
A '''Ermida de Nosa Señora das Neves'''<ref name=nomenclátor/> ten un adro triangular, cunha fachada pentagonal. A espadana está sen campás.
 
O '''cruceiro do Sacramento'''<ref name=nomenclátor/> é de granito. A plataforma é cuadrangular con tres graos. O pedestal é cuadrangular e remata en chafráns. Ten mesa acaroada na que aparece unha lápida de granito con dous anxos nos laterais do relevo e unha custodia no centro. O varal é octogonal con chafráns. O capitel é cuadrangular moldurado. A cruz é cuadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes polas súas catro caras. No anverso está [[Xesucristo]], cos pés pousados sobre unha caveira e tibias, aparece crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, ten as mans abertas, carece de coroa, ten pelo trenzado, o paso da pureza aparece anoado á dereita e arriba está a cartela de INRI. No reverso, a Virxe enriba dunha peaña aparece en actitude de orar cos dedos entrelazados. Nos laterais, obsérvase unha imaxe feminina orando con rosario e un San Francisco.
 
== Festas ==