Arte da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 48:
* A planta: ao templo accédese polo pórtico, que está entre dúas columnas, que leva á sala que abeira ao deus (cella), que leva aoopistodomos, lugar selado onde se encontra o tesouro do templo, aínda que ás veces se pode acceder dende o exterior.
Se o templo está rodeado de columnas, se lle chama períptero e se as columnas se limitan ao pórtico, se chama próstilo, segundo as columnas que teña o pórtico, será dístilo (dúas columnas), tetrástilo (catro), e así sucesivamente sempre sendo pares.
* A [[orde dórica]]: non ten base senón que arrinca directamente dende a [[crepidoma]] ou plataforma que consta de tres chanzos, os dous primeiros por abaixo, chamados [[estereóbata]]s e o primeiro por arriba chamado [[estilóbata]]. O fuste é estriado e o seu diámetro é máis pequeno dende a estilóbata ata o capitel, pero non é regular xa que se empena no centro (éntase). A separación entre o fuste e o capitel é o colariño, que dá ao equino, que é o núcleo principal e ten forma de prato, e despois dá ao ábaco, que é un prisma rectangular. Enriba do ábaco colócase a arquitrabe, que é unha viga que une as dúas columnas, que despois suxeita a tenia, que é unha fita fina, e as régulas, que son tríglifos cortados. O friso componse de tríglifo e métopa, os mútulos son os xa mencionados antes tríglifos cortados, e o ''geison'' é un aleirobeirado que marca profundidade no frontón a delimitación triangular do tellado no templo e que fai posible o frontón é a sima.
* A [[orde xónica]]: o fuste é acanalado e non presenta éntase. O capitel, aínda que pode ser máis composto, está decorado con volutas, e o colariño pasa a formar parte do capitel e non se lle dá tanta importancia como antes. A arquitrabe pasa a ter tres bandas horizontais que se chaman fascia e que superan cada unha á súa inmediata inferior. O friso é un espazo liso dedicado a realizar esculturas nel. Os demais elementos son iguais que na orde dórica.