Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 130:
 
[[Ficheiro:wikiMaioriano.png|dereita|miniatura|[[Sunierico]] iniciou a conquista de Hispania cun exército romano-visigodo por orde do emperador [[Maioriano]].]]
Trala derrota fronte aos visigodos, o reino suevo dividiuse en poucos anos entre varios candidatos ao trono. A situación de suposta desaparición do reino, viuse favorecida en Roma pola influencia sueva de Recimiro en Maiorano. Dous novos reis gobernáron simultaneamente [[Frantán]] e [[Aguiulfo]]. Ámbolos dous fixérono dende [[456]] ata [[457]], ano no que [[Maldras]] ([[457]]-[[459]]) reunificou o reino, para acabar sendo asasinado tras unha conspiración romano-visigoda que finalmente fracasou. A pesar de que a conspiración non conseguiu os seus auténticos propósitos, o reino suevo viuse novamente dividido entre dous reis, [[Frumario]] ([[459]]-[[463]]) e [[Remismundo]] (fillo de [[Maldras]]) ([[459]]-[[469]]) que reunificou novamente o reino do seu pai no 463 e gozou de boas relacións cos [[visigodos]]:no ano 464 Remismundo acode xunto a [[Teodorico]] e recibe "''armas, regalos e unha esposa''" en palabras de [[Idacio]]. Tal é así que tras a chegada de Aiax, enviado desde a [[Galia]] vense obrigados a adoptar o [[arrianismoarianismo]] no [[465]] debido á influencia visigoda.
 
Trala morte de [[Remismundo]] entrouse nunha época escura, que durou ata [[550]], ano no que desaparecen practicamente todos os textos escritos. O único que se sabe desta época é que moi probabelmente [[Teodemundo]] gobernou Suevia.