Psicopompo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Psychopomp"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2020 ás 07:12

Un psicopompo ( do grego ψυχοπομπός, psychopompós, que significa literalmente o "guía das almas") é unha criatura presente en moitas relixións e mitoloxías que conduce as persoas mortas[1] á súa morada de ultratumba. Aparece decote na arte funeraria, ben en forma dun deus antropomorfo, ben en forma dun animal.

Relevo nun vaso funerario ateniense: Hermes Psicopompo dirixe á morta Myrrhine ao Hades, ca 430-420 a.C. (Museo Nacional de Arqueoloxía de Atenas).

Entre os exemplos clásicos de psicopompo podemos citar ao deus exipcio Anubis, o deus Yama no Hinduísmo, o barqueiro Caronte e o deus Hermes na mitoloxía grega ou o deus Vanth, da relixión etrusca.

  1. http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dyuxopompo%2Fs.  Falta o |title= (Axuda)