Santos Futebol Clube: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 56:
En 1957 o Santos tivo que conformarse co segundo posto no torneo paulista, pero [[Pelé]] xa foi quen de marcar 17 goles, o que lle valeu para ser o máximo artilleiro desa edición do torneo. Non obstante, en 1958 [[Pelé]] non acadou 17 goles, senón 58, récord histórico do [[Campionato Paulista]], e o Santos FC acadou o seu 4º título estatal. Ese ano, o [[Selección de fútbol do Brasil|Brasil]] e [[Pelé]] tamén gañaron o seu primeiro [[Copa do Mundo de Fútbol|Mundial de Fútbol]].
 
A década dos 60 foi a maismáis exitosa da historia do club. Entre 1960 e 1969 o Santos FC gañou 8 campionatos estatais, 3 torneos Río-São Paulo e 6 campionatos brasileiros. A nivel internacional tamén foron os mellores anos da historia do Santos. A [[Copa Libertadores]], creada en [[1960]], foi conquistada nas súas 2 primeiras edicións polo [[Club Atlético Peñarol|Peñarol]] de [[Montevideo]]. O Santos FC, xa na súa primeira participación en [[1962]], chegou á final para enfrontarse ó bicampión [[uruguai]]o. No encontro de ida, xogado en [[Montevideo]], o Santos venceu por 1-2. No encontro de volta o [[Club Atlético Peñarol|Peñarol]] venceu en [[Santos]] por 2-3. Tivo que xogarse un encontro de desempate nun campo neutral, e foi en [[Buenos Aires]] onde o Santos FC acadou o seu primeiro título continental, vencendo o encontro por 3 goles a 0, 2 deles de [[Pelé]] e 1 mais de Omar Caetano. Tres semanas despois xogouse en [[Santos]] o encontro de ida da [[Copa Intercontinental]] entre o Santos FC e o [[Sport Lisboa e Benfica|SL Benfica]] de [[Eusébio]], co resultado final de 3-2. O encontro de volta xogado en [[Lisboa]] rematou 2-5 a prol do Santos con 3 goles de [[Pelé]], que xa marcara 2 goles na ida. O Santos FC gañaba así a súa primeira [[Copa Intercontinental]], e convertíase no equipo mais forte do mundo.
 
En [[1963]] o equipo chegou de novo á final da [[Copa Libertadores]], enfrontándose nesta ocasión ó [[Club Atlético Boca Juniors|Boca Juniors]] liderado por Sanfilippo. O Santos venceu 3-2 no estadio de [[Maracaná]] e 1-2 en [[Buenos Aires]], facéndose co seu 2º título continental. Na [[Copa Intercontinental]] agardaba o [[AC Milán]] de Altafini, Trapattoni, Amarildo, Rivera, Maldini etc. Os ''rossoneri'' venceron en [[Milán]] por 4-2, e o Santos venceu na volta co mesmo resultado en [[Maracaná]] diante de 132.000 seareiros. O desempate foi 2 días despois no mesmo estadio, diante de 120.000 afeccionados ó ''Peixe'', que viron como o Santos gañaba cun 1-0 a súa 2ª [[Copa Intercontinental]].