Mona Lisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 37:
Moitos investigadores tentaron explicar por que o sorriso é de forma tan diferente para diferentes culturas. As explicacións son diversas e varían desde teorías científicas sobre a visión humana a suposicións sobre a identidade da Mona Lisa e os seus sentimentos. A profesora Margaret Livingstone da [[Universidade Harvard]] argumentou que a percepción do sorriso é adquirida a través de frecuencias visuais baixas, o que torna visíbel a través da visión periférica [http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/2775817.stm]. Christopher Tyler e Leonid Kontsevich, do Instituto Smith-Kettlewell para a Investigación do Ollo, (San Francisco) acreditan que a natureza en mudanza do sorriso é causada por niveis variábeis do ruído aleatorio no sistema visual humano [http://www.newscientist.com/news/news.jsp?id=ns99996056]. O historiador Maike Vogt-Luerssen discute que Isabel de Aragón (considerada como modelo) era infeliz porque o seu marido era impotente, alcólico e propenso á agresión física. Isabel describiuse como ''A máis infeliz esposa do mundo''.
 
Aínda que utilizando unha fórmula aparentemente simple, a síntese expresiva que Leonardo conseguiu entre modelo e paisaxe tornou este traballo nunha das maismáis populares e analizadas pinturas de todos os tempos. As curvas sensuais do cabelo e da roupa da muller, creadas completamente a través do [[sfumato]], encontran eco nos ríos ondulantes da paisaxe subxacente. A harmonía total conseguida no cadro, visíbel especialmente no sorriso, reflicte a unidade entre Natureza e Humanidade que era parte importante da filosofía persoal de Leonardo.
 
En segundo plano, a paisaxe esténdese ás montañas xeadas e inclúe camiños ondulantes e unha ponte que dan indicación de presenza humana. Os contornos desfocados, a figura graciosa, os contrastes dramáticos entre claro e escuro que se traducen en serenidade son característicos do estilo de Leonardo. A pintura foi un dos primeiros [[retrato]]s a describir o modelo no seo dunha paisaxe imaxinaria. Unha característica interesante da paisaxe é a súa desigualdade. Á esquerda da figura, a paisaxe é visibelmente mais baixa do que é á dereita. Isto levou algúns críticos a suxerir que este elemento foi engadido máis tarde.