O cuco na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
* ''Pan de cuco'', ''pan do cuco'': herba leguminosa (''Vicia hirsuta'', ''Vicia sativa'') <ref name="E. Losada, J. Castro e E 1992"/>.
 
Denomínase ''acucar'' e ''encucar'' sufrir unha vaca un edema mamario, e a enfermidade como ''acucamento'' ou ''ubre acucado''. Tradicionalmente, os [[Gandaría|gandeiros]] atribúen este proceso á abundancia de leite que lles vén cando chega o cuco, época que coincide co maior crecemento da herba na primavera <ref>Aníbal Otero Álvarez: ''Vocabulario de San Jorge de Piquín'', Universidade de Santiago, 1977 (Verba anexo 8).</ref>. Un gandeiro de [[Dozón]] recibía tranquilo o diagnóstico do veterinario porque estaba seguro de que en canto pasara o tempo do cuco, xa lle pasaría a doenza á vaca <ref>[[Pedro Benavente]] e [[Xesús Ferro Ruibal]]: ''O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún'', Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010.</ref>.
 
== Locucións ==