Delage: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 72:
En 1935, Louis Delage pouco disposto a admitir a derrota, considerou moitas solucións para salvar a súa empresa, unha marca que destacara de xeito tan brillante nos circuítos, e cunha reputación de calidade dos seus produtos. Renovouse coa asociación co empresario Walter Watney. Deste xeito creou a « Société Nouvelle des Automobiles Delage » producidos por [[Delahaye]], os coches coñeceron unha especie de segunda "idade de ouro" ...
 
Os Delage fabricados por Delahaye viron a luz no [[Salón do Automóbil de París|Salón]] de 1935 desde a gama de 4 cilindros ''DI-12'' ao maxestuosomaxestoso ''[[Delage D8-120|D8-120]]'' pasando polo 6 cilindros ''D6-70'', coche que logrou un amplo éxito. Todos estes coches, do mesmo xeito que os seus predecesores, levaron o "toque Delage" e foron carrozados polos mellores carroceiros logrando os primeiros lugares nos concursos de elegancia.
O ''D6-70'' estivo dispoñible na versión "carreira" e volveu a facer brillar o nome de Delage nos circuítos con certo éxito.