Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
sumerxido > somerxido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 79:
Ás 19:45 do [[21 de maio]] Lütjens botouse ao mar, separándose da súa escolta de destrutores a primeiras horas do [[22 de maio]]. Dirixíndose cara o norte, e posteriormente cara o noroeste a 24 nós, a frota alemá avanzou a bo ritmo e sen incidentes polo [[mar de Noruega]] cara o estreito de Dinamarca entre [[Islandia]] e [[Groenlandia]], a porta de entrada ao [[Atlántico]]. Este tortuoso curso ía en contra das recomendacións do Grupo Norte de entrar no océano pola ruta que ía entre Islandia e as [[illas Feroe]]. Tamén estaba demasiado ao sur para citarse co ''Weissenberg'' e repostar o ''Bismarck''. Porén, mentres estiveron en augas do [[círculo polar ártico]], o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' non foron detectados polo recoñecemento aéreo británico, que estaba demasiado ao sur. Coa mente no asalto de convois, Lütjens agardaba unha ruptura doada no Atlántico axudada pola brétema, pero eses plans foron frustrados.
 
O recoñecemento aéreo por debaixo das nubes realizado pola Fleet Air Arm da [[Royal Navy]] o [[22 de maio]] comprobou que o ''Bismarck'' saira de Bergen. Con esta información a frota de combate da [[Home Fleet]], incluidosincluídos o acoirazado ''[[HMS King George V]]'' e o portaavións ''[[Victorious (portaavión)|Victorious]]'', fíxose ao mar. Ao Escuadrón de Acoirazados, xa de camiño cara [[Islandia]], ordenóuselle cubrir o estreito de Dinamarca. Unha misión de bombardeo realizada o [[22 de maio]] pola [[Royal Air Force|RAF]] foi infrutuosa, xa que os alemáns xa marcharan.
 
Na tarde do [[23 de maio]], a forza alemá foi detectada polos cruceiros pesados ''HMS Suffolk'' e ''Norfolk'', que estiveran patrullando o estreito de Dinamarca na espera dunha ruptura alemá. O ''Norfolk'', que se achegara demasiado aos barcos alemáns, foi atacado brevemente polos canóns pesados do ''Bismarck''. O ''Norfolk'' estivo a piques de quedar fora de combate cando un proxectil do ''Bismarck'' rebotou na auga e golpeou a ponte, pero non chegou a estoupar e non causou vítima algunha. Os cruceiros británicos, superados en capacidade de fogo polos alemáns, retiráronse a unha distancia segura e agocháronse do inimigo mentres chegaban as súas unidades máis pesadas. Porén, o radar frontal do ''Bismarck'' comezou a fallar debido ao retroceso dos disparos dos seus canóns durante a escaramuza, polo que Lütjens veuse na obriga de ordenar ao ''Prinz Eugen'' que se adiantase para que o seu radar lle proporcionase cobertura ao escuadrón. Esta decisión confundiu posteriormente aos británicos sobre a identidade dos barcos alemáns, xa que as súas siluetas eran semellantes.