Afonso V de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 82:
A tregua permitiu a Afonso fixar a súa atención en [[África]], onde xa en [[1432]] dirixira unha expedición militar contra a illa de [[Xerba]]. O seu interese reanudouse en [[1434]] cunha nova expedición a [[Trípoli, Libia|Trípoli]]; porén, as mortes dos seus rivais napolitanos fai que a súa atención volvese centrarse en Italia.
 
En [[1434]] faleceu Luís III de Anjou, polo que a raíña Xoana nomeou novo herdeiro ao trono de Nápoles ao irmán de aqueldaquel, [[Renato I de Nápoles|Renato]]. Porén, ante a morte de Xoana ao ano seguinte, o papa Uxío IV non deu a sua aprobación, polo que Afonso viu chegado o momento de conquistar [[Nápoles]]. Acompañado dos seus irmáns Xoán, Henrique e Pedro tomou a cidade de [[Capua]] e puxo sitio a [[Gaeta]] en cuxo auxilio acudiu unha frota xenovesa que derrotaría á aragonesa na batalla que se desenvolveu o [[4 de agosto]] de [[1435]] fronte á illa de [[Ponza]] e na que foron feitos prisioneiros o propio rei e os seus irmáns [[Xoán II de Aragón|Xoán II de Navarra]] e [[Henrique de Trastámara (infante de Aragón)|Henrique]], que foron entregados ao duque de [[Milán]] Filippo María Visconti.<ref name=compendio />
 
En [[1436]] o duque liberou a Xoán de Navarra, que regresou á Península e substituíu a esposa de Afonso V como rexente do reino de [[Aragón]], polo que María quedou unicamente á fronte do [[Condado de Barcelona|principado catalán]]. De contado Afonso negociou a súa liberdade, e chegou con Visconti a un acordo polo que ambos os dous asinan unha alianza que lle permitiu a Afonso volver a conquistar Capua e Gaeta en [[1436]] e poñer sitio a Nápoles, no que faleceu o seu irmán Pedro en [[1438]].