Teseo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recurrir > recorrer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 23:
Desde había moito tempo, Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a [[illa de Creta|Creta]], que consistía no sacrificio de sete mozos e sete doncelas para seren devorados polo monstro chamado [[Minotauro]], que tiña cabeza de touro e corpo de home, e nacera dos amores de Pasífae, esposa de Minos, cun touro branco. [[Minos]] encerrárao no [[Labirinto]], construción complicada do arquitecto [[Dédalo]], na que era fácil entrar pero practicamente imposíbel saír. Teseo ofreceuse a ir. Unha vez alí, propuxo ao rei Minos que se daba acabado co monstro quedarían libres os catorce mozos e Atenas exenta do tributo. Minos aceptou a proposta.
 
A principal preocupación de Teseo era o modo de saír do Labirinto e nisto entrou en xogo [[Ariadna (mitoloxía)|Ariadna]], filla de Minos, que se namorou del e o axudou a se librar da morte no Labirinto ofrecéndolle un novelo de fío para que non se perdese no interior de aqueldaquel lugar. Teseo seguiu as instrucións de Ariadna, conseguiu matar o monstro e fuxir de Creta no seu barco xunto con Ariadna e o resto dos mozos que o acompañaran.
De regreso á súa patria, Teseo decidiu parar na illa de [[Naxos]] para recoller provisións e alí abandonou, sen explicación aparente, a Ariadna, que se quedara dormida. Cando espertou e se deu de conta do sucedido, chorou amargamente. Porén, non moito tempo despois apareceu pola illa o deus Baco e namorouse dela. Ariadna correspondeu este amor e pouco despois casaron.