Tronco do encéfalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + Cda
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Os '''núcleos somatomotores''' divídense en dúas columnas:
 
* Unha '''dorsal''', próxima á liña media que é a encargada da inervacióninnervación motora dos músculos de orixe somática (músculos motores extrínsecos do ollo e músculos da lingua) e inclúe os núcleos:
# [[nervio oculomotor|Nervio motor ocular común]] (MOC) ou III par: localizado na parte alta do mesencéfalo, próximo ao acueduto de Silvio. Deste núcleo sairá o nervio MOC ou III par cranial.
# [[Nervio patético|Patético]] ou IV par: na parte baixa do mesencéfalo. Del sairá o nervio patético ou IV par cranial cuxas febras serán contralaterais.
# [[Motor ocular externo]] (MOE) ou VI par: localizado a nivel da protuberancia.
# [[Nervio hipogloso|Hipogloso]] maior ou XII par: na parte inferior da protuberancia e parte superior do bulbo; del sae o XII par cranial ou nervio hipogloso que inervainnerva músculos da lingua.
 
* Unha '''ventral''', situada por fóra e cara adiante da previa e que brinda inervacióninnervación ás estruturas derivadas dos arcos e fendiduras branquiais e comprende os núcleos:
# Motor do [[nervio trixémino|trixémino]] ou núcleo mastigador: é o máis superior da protuberancia. Del saen febras nerviosas que compoñen o nervio mastigador que se incorporará ao trixémino ou V par cranial.
# [[Nervio facial|Facial]] ou VII par: na parte baixa da protuberancia. De aquí sae o nervio facial ou VII par cranial. Ao saír, o seu axón diríxese primeiro á liña media, rodea ao núcleo do MOE e forma así o primeiro xeonllo do facial (hai que ter en conta que este feito dáse no lado esquerdo e no dereito). Tras isto sae do tronco do encéfalo lateralmente.
Liña 38:
* O núcleo lacrimomuconasal dá febras que se suman ás do VII par e controlan a secreción lagrimal e [[mucina|mucosa]] das fosas nasais.
* Os núcleos salivais:
:* Superior, é a orixe das febras viscerais do nervio intermediario de Wrisberg (VII bis) que inervaninnervan as glándulas submaxilar e sublingual.
:* Inferior, súmanse ás febras do glosofarínxeo (IX) que inervaninnervan á glándula parótide.
* O núcleo cardioneumoentérico é a orixe das febras cardíacas, respiratorias e dixestivas do X par.
E, para rematar, os '''núcleos vescerosensivos''', dos cales o único ben diferenciado é o núcleo dorsal do vago que se corresponde coa á gris do piso do cuarto ventrículo.
Liña 52:
::* Febras que nacen nos núcleos vestibulares '''superior''' ou '''de Bechterew''' e '''medial''' ou '''de Schwalbe''' formando o que se coñece como ''Fascículo Vestibulomesencefálico de Van Gehuchten'' ou ''Fascículo Vestibulooculóxiro''. As febras que se orixinan do '''núcleo vestibular superior''' ascenden polo Fascículo Lonxitudinal Medial homolateral cara aos núcleos oculomotores ([[nervio oculomotor|III]], [[nervio troclear|IV]] e [[nervio motor ocular externo|VI]]), algunhas febras cruzan a liña media cara ao complexo oculomotor contralateral na parte caudal do mesencéfalo; mentres as que nacen do núcleo vestibular medial proxéctanse de xeito bilateral cara aos núcleos dos músculos extraoculares con predominio contralateral, dando ademais febras descendentes que son directas e se dirixen cara ao núcleo do [[nervio accesorio espiñal|XI par cranial]] e a substancia gris da hasta anterior dos primeiros segmentos cervicais. Deste xeito queda constituída unha vía reflexa de coordinación dos movementos oculares cos da cabeza e o pescozo e de resposta oculocefalóxira a estímulos nerviosos orixinados nos condutos semicirculares do oído interno. As febras cruzadas exercen un efecto excitatorio e as directas un efecto inhibitorio.
 
::* Feixe de febras orixinadas nas neuronas internucleares do [[nervio motor ocular externo|VI par cranial]], cruzan a liña media e finalizan no núcleo do [[nervio oculomotor|III par cranial]] contralateral, máis precisamente, nas neuronas que inervaninnervan o músculo recto interno, brindando a conexión neural que permite os movementos conxugados dos ollos en forma lateral. Algunhas das febras ascendentes continúan máis aló dos núcleos oculomotores para terminar no '''núcleo intersticial de Cajal'''
 
::* Febras que nacen nos núcleos vexetativos hipotalámicos (da porción medial e periventricular) e terminan na substancia gris periacuedutal do mesencéfalo e o teito. Algunhas febras poden acadar núcleos vexetativos bulboprotuberanciais, como o núcleo dorsal do rafe e os núcleos tegmentarios laterodorsal e dorsal ('''fascículo de Schütz''' ou '''lonxitudinal dorsal''').