Lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m Non se entendía a frase pero o lóxico é supoñer que era iso o que se quería dicir
Liña 82:
Primeiro, as ondas de colonizadores nórdicos que chegaron ó norte das Illas Británicas nos séculos VIII e IX puxeron ó inglés antigo nun contacto intenso co [[Lingua nórdica antiga|nórdico antigo]], unha [[Linguas nórdicas|xermánica do norte]]. A influencia do nórdico foi forte nas variedades do inglés antigo faladas na área de [[Danelaw]] arredor de York, que foi o centro da colonización nórdica; hoxe eses trazos están particularmente presentes no [[Lingua escocesa|escocés]] e inglés do norte. Porén, o centro do inglés nórdico semellan ter sido as terras interiores arredor do [[Reino de Lindsey]], e despois do ano 920, cando Lindsey foi reincorporado á política anglosaxoa, os trazos do nórdico espalláronse as variedades do inglés que non tiveran un contacto intenso cos falantes nórdicos. Algúns elementos da influencia nórdica que persisten en tódalas variedades do inglés moderno son os pronomes que comezan por ''th-'' (''they, them, their'') que substituíron ós pronomes anglosaxóns con ''h-'' (''hie, him, hera'').{{sfn|Thomason|Kaufman|1988|pp=284–290}}
 
Coa [[conquista normanda de Inglaterra]] en 1066, o inglés antigo con trazos nórdicos foi suxeito do contacto co [[normando antigo]], unha [[linguas románicas|lingua románica]] estreitamente relacionada co [[lingua francesa|francés]] moderno. A lingua normanda en Inglaterra evolucionou eventualmente no [[Lingua anglonormanda|anglonormando]]. Como o normando era falado principalmente polas elites e os nobres, mentres que as clases baixas continuaron falando anglosaxón, a influencia do normando consistiu na introdución dun gran número de [[préstamo lingüístico|préstamo]]s relacionados coa política, coa lexislación e os dominios sociais de prestixio.{{sfn|Svartvik|Leech|2006|p=39}} O inglés medio simplificou amplamente o sistema de inflexión, probablemente para conciliar o nórdico antigo co inglés antigo, que tiñan inflexións diferentes pero morfoloxías semellantes. A distinción entre os casos nominativo e acusativo perdeuse agás nos pronomes persoais, o caso instrumental desapareceu e o uso do caso [[xenitivo]] foi limitado a describir posesión. O sistema de inflexión regulou moitas formas inflexionais irregulares,{{sfn|Lass|1992}} e gradualmente simplificou o sistema de acordo, facendo a orde das palabras menos flexible.{{sfn|Fischer|van der Wurff|2006|pages=111–13}} Na [[Biblia de Wycliffe]] de 1380, a pasaxe de Mateo 8:20 foi escrito así:
 
: ''Foxis han dennes, and briddis of heuene han nestis''<ref>{{cita web| apelido = Wycliffe | nome = John | url=http://wesley.nnu.edu/fileadmin/imported_site/wycliffe/wycbible-all.pdf | editorial = Wesley NNU | título = Bible}}</ref>