Contido eliminado Contido engadido
Retiro parágrafo que recollo en nota a pé de páxina
Vilachan (conversa | contribucións)
m →‎As rías: faltaba unha coma
Liña 252:
Xeograficamente, un dos puntos característicos de Galicia é a presenza das [[ría]]s, indentacións na costa nas que o mar anega vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en [[Rías Altas]] e [[Rías Baixas]], segundo a súa posición respecto a [[Fisterra]] como punto máis occidental de Galiza.
 
As Rías Altas son a de [[Ría de Ribadeo|Ribadeo]], [[Ría de Foz|Foz]], [[Ría de Viveiro|Viveiro]], [[Ría do Vicedo|O Vicedo]], no [[Mar Cantábrico]] (é dicir, ó leste de [[Estaca de Bares]] como punto máis ó norte de Galiza), e [[Ría de Ortigueira|Ortigueira]], [[Ría de Cedeira|Cedeira]], [[Ría de Ferrol|Ferrol]], [[Ría de Betanzos|Betanzos]], [[Ría da Coruña|A Coruña]], [[Ría de Corme e Laxe|Corme e Laxe]] e [[Ría de Camariñas|Camariñas]].
 
As Rías Baixas, todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son [[Ría de Muros e Noia|Muros e Noia]], [[Ría de Arousa|Arousa]], [[Ría de Pontevedra|Pontevedra]] e [[Ría de Vigo|Vigo]].