Proglote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das referencias.
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Gravid proglottid from the cestode Taenia saginata 5259 lores.jpg|miniatura|300px|Proglote de ''[[Taenia saginata]]'' grávida.]]
 
'''Proglote''' é o nome que recibe cada un dos segmentos en que se divide o "[[corpo]]" dos vermes planos ([[platihelmintos]]) da [[Clase (bioloxía)|clase]] dos [[cestodos]].<ref>[https://academia.gal/dicionario/-/termo/proglote proglote] no ''[[Dicionario da RAG]]''.</ref>
 
O conxunto das proglotes forma o [[Proglote|estróbilo]] ou "corpo" do verme.
 
As proglotes son producidas a partir do "pescozo" (estreitamento da parte posterior do [[escólex]] ou "cabeza" do verme) por un crecemento [[Mitose|mitótico]], seguido dunha constrición transversal. Os segmentos fanse máis grandes e maduros cando son desprazados cara a atrás por segmentos máis novos.<ref name=Ruppert>Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S. & Barnes, Robert D. (2004): ''Invertebrate Zoology'', 7th edition. Cengage Learning. ISBN 978-81-315-0104-7, pp. 258–263.</ref>
 
Cada proglote contén un [[aparato reprodutor]] [[Hermafroditismo|hermafrodita]] completo, e comparten un [[sistema nervioso]] común co resto. As proglotes máis proximas ao [[escólex]] son máis novas e inmaturas; as proglotes centrais son maduras e poden [[Reprodución|reproducirse]], mentres que as proglotes terminais son grávidas e están cheas de centos ou milleiros de pequenos [[Ovo (bioloxía)|ovos]]; estas proglotes grávidas adoitan desprenderse do estróbilo e seren evacuadas coas [[feces]] do [[hospedeiro]], e son a fonte da [[infestación]].<ref> VV.AA. (1966): ''Vocabulario científico y técnico''. 3ª ed. [[Madrid]]: Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales / [[Espasa-Calpe|Espasa Calpe, S. A.]] ISBN 84-239-9407-4, p. 821.</ref>
 
== Notas ==