Cidade da Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 66:
[[Ficheiro:Cidade da Cultura O arquivo de galicia.jpg|miniatura|Instalacións do Arquivo.]]
O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Segundo as previsións actuais, constará dos seguintes edificios:
* '''[[Biblioteca de Galicia]]''' e '''[[Arquivo de Galicia]]''': As dúas institucións comparten o edificio que conta con 15.702 m² útiles. A biblioteca ten como obxectivo ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, representando o sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. Pola súa banda o arquivo é o centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Támén contén delegacións de entidades como o [[Consello da Cultura Galega]] ou a [[Real Academia Galega|Real Academia]]. Ten un espazo expositivo e un auditorio de pequenas dimensióndimensións bautizado [[Xosé Neira Vilas|Neira Vilas]] en homenaxe ó escritor de [[Vila de Cruces]]. O edificio foi inaugurado polo Príncipe de España, [[Filipe VI de España|Filipe VI]], xunto co CEM, o [[11 de xaneiro]] de [[2011]].
*'''Centro de Emprendemento (CEM)''': É un edificio adicado fundamentalmente ó emprendemento dos sectores cultural e tecnolóxico ten un esparzo de co-working e un viveiro de empresas. Tamén é a sede da Axencia Galega de Industrial Culturais ([[AGADIC]]). Conta con 11.225 m² útiles. Foi inaugurado punto coa Biblioteca e Arquivo de Galicia o 11 de xaneiro de 2011.
* '''[[Museo Centro Gaiás]]''': Conta con 20.734 m² útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o [[15 de xuño]] a exposición "[[Gallaecia Petrea]]". Non se trata dun museo, senón dun centro expositivo, pois carece de colección.