Xesús Ferro Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 8:
Rematou os estudos de Filoloxía e Teoloxía no Seminario de [[Santiago de Compostela]] en [[1965]], e de Filoloxía Clásica en [[Roma]] en [[1969]]. Foi membro do grupo Os irmandiños, un grupo de cregos e seminaristas que apostaban pola galeguización da igrexa. Colaborou na tradución ó galego do [[Novo Testamento]] (en [[1978]]) e da [[Biblia]] (en [[1989]]), obra colectiva que recibiu o [[Premio Nacional de Tradución de España|Premio Nacional de Tradución]] en [[1990]].
 
O 17 de xuño de 1995 foi elixido membro numerario da [[Real Academia Galega]], por proposta de [[Constantino García González]], [[Carlos Casares Mouriño]] e [[Andrés Torres Queiruga]], e ingresou o [[4 de maio]] de [[1996]]. Como cabía esperar, o seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: ''Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre''<ref>{{Cita web |url=http://wwwpublicacions.realacademiagalegaacademia.orggal/academyindex.php/speechsrag/Ferro%20Ruibal.pdf catalog/book/132|título=Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre |data-acceso=10 de novembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120111145457/http://www.realacademiagalega.org/academy/speechs/Ferro%20Ruibal.pdf |dataarquivo=11 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>, e foi respondido por Carlos Casares.
 
Desde o ano 1994 e ata o 2014 dirixiu o proxecto de Fraseoloxía Galega do [[CIRP|Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]], que edita periodicamente os ''Cadernos de Fraseoloxía Galega'', que xa van polo número 18 ([[2016]]) <ref>Os 18 números publicados e mais os anexos son accesibles de forma libre no [http://www.cirp.gal/w3/cfg/numeros.html servidor do CIRP] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180216084958/http://www.cirp.gal/w3/cfg/numeros.html |date=16 de febreiro de 2018 }}.</ref>.