Amiloplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxiños notas
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎top: Arranxos varios
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Potato - Amyloplasts.jpg|dereita|miniatura|Amiloplastos nunha célula de pataca.]]
[[Ficheiro:Plastids types es.svg|miniatura|dereita|Tipos de plastos]]
Os '''amiloplastos''' son un tipo de [[plasto]]s non pigmentados que se atopa nalgunhas [[célula vexetal|células vexetais]]. Estes [[orgánulo]]s son responsables da fabricación e almacenamento de gránulos [[amidón]], por medio da [[polímero|polimerización]] da [[glicosa]] orixinada na fotosíntese, que chega ao orgánulo procedente dos cloroplastos das partes verdes da planta.<ref name=wise>{{Cita libro|título=The Diversity of Plastid Form and Function|url=http://link.springer.com/10.1007/978-1-4020-4061-0_1|editorial=Springer Netherlands|data=2007|lugar=Dordrecht|ISBN=978-1-4020-4060-3|páxinas=3–26|volume=23|DOI=10.1007/978-1-4020-4061-0_1|nome=Robert R.|apelidos=Wise|nome-editor=Robert R.|apelidos-editor=Wise|nome-editor2=J. Kenneth|apelidos-editor2=Hoober}}</ref> Os amiloplastos tamén [[hidrólise|hidrolizan]] este amidón de novo en azucre cando a planta precisa enerxía. Son moi abundantes os amiloplastos en tecidos de almacenamento como [[tubérculo]]s, como é o caso da pataca, [[cotiledón]]s das sementes, [[endospermo]] de froitos, e en células dos [[meristemas]] e células da [[pilorriza]] ou [[caliptra]] da raíz asociadas co [[gravitropismo|xeotropismo]] ou [[xeotropismo|gravitropismo]].
 
Os amiloplastos son [[plasto]]s do grupo dos [[leucoplasto]]s (incoloros, sen [[pigmento]]s). Os plastos son un tipo especializado de orgánulos que posúen o seu propio xenoma e pénsase que descenden de [[cianobacterias]], que estableceron unha relación de [[endosimbiose]] cunha [[célula eucariota]].